Burela, a 6 de marzo de 2014.- O Partido Popular de Burela celebrou onte, mércores, a súa segunda reunión veciñal nos distintos barrios da localidade, en concreto na Vila do Medio. O interés maioritario dos veciños estivo centrado na repercusión da baixada de impostos para 2015, así como nos cambios que se van producir na contribución urbana derivados da aplicación do PXOM.
O alcalde e presidente do PP local, José María González Barcia, reiteroulles ós veciños o que xa tén manifestado en máis ocasións: “a aplicación do PXOM beneficia a un bón número de propietarios que pagarán menos do que viñan pagando, especialmente naqueles casos de solo urbanizable, que pagará como rústico en tanto en canto non se desarrolle e adquira dereitos de edificabilidade”.
Barcia tamén explicou o proceso da revisión catastral, e afirmou que “é un proceso que leva o seu tempo, pero que estamos decididos a levalo a cabo”.
Outro asunto que interesa ós cidadáns é a ampliación do Hospital. Segundo o alcalde, “explicarlle á xente a ampliación con planos e documentos que eles mesmos ven, axuda a que os veciños comprendan e valoren realmente a obra que se pretende facer, co que se percatan perfectamente de quén di a verdade e quén tenta enganar”.
Desde o PP burelés, indicouse que “estas reunións, que facemos habitualmente un par de veces ó ano, son mui útiles para trasladar información de forma directa ós cidadáns e recoller as críticas e suxerencias, que tamén as hai, e que debemos atender na medida das nosas posibilidades”.
O PP de Burela tén previsto celebrar outras catro reunión na zona do Porto, nos Castros, na zona centro e no Campón, que serán anunciadas oportunamente.