San Cibrao, 24 de novembro de 2014.- O sábado 29 de novembro terá lugar a presentación do número 12 da revista oral “A voz dos carraos”, editada polo Museo Provincial do Mar (Rede Museística da Deputación de Lugo). Será ás 18:30 horas no Museo Provincial do Mar, San Cibrao, Cervo (Lugo). Duración aprox.: 1:30 h.
SUMARIO: HISTORIAS DO MAR DE FÓRA
… levan o mar dentro de si!
Do poema “O trobador do faro” (Residencia no mar), de Xacobo Casal
Portada musical
Rapsodia vendaval, por Xurxo Souto (5’)
Poesía I
As entrañas do vixía, por Xacobo Casal (5’)
Telefonía costeira: Cambio e corto
Ramón Barcia Abad, “Monchito da costera”, e Herminia Pernas (10’)
Música
Canto (e conto) de Terranova, por Xurxo Souto (5’)
Experiencias no Mar de Fóra
Santiago Rivera Lestegás, Emilio Fernández López, “Milucho”, e mariñeiros xubilados e e Herminia Pernas (10’)
Poesía II
Residentes no mar, Talieiro, O trobador do faro (do poemario Residencia no mar), por Xacobo Casal (5’)
Música
A Rabaleira (canto de percebeiros), por Xurxo Souto (5’)
A bordo
Salvamento no mar, por Hixinio Puentes Novo (10’)
Poesía III
Marea ou lúa chea, Virán cantos (dos poemarios Caderno da soidade e Nos ollos de Iria), por Xacobo Casal (5’)
Música
Canto (e conto) do Beerbés, por Xurxo Souto (5’)
Mar de mares
Francisco Gomes Semedo, Balbino García Trelles, mariñeiros xubilados e Herminia Pernas (10’)
Contos do Mar de Fóra
Contos do mar de Irlanda, por Xurxo Souto (10’)
O Mar na Memoria
Lembranzas, por Herminia Pernas (8’)
Opinión
Intervención do público que o desexe.
Epílogo
por Encarna Lago, xerente da Rede Museística da Deputación de Lugo (3’)
Contraportada musical
Da Coruña a Ferrol (canto de Carnaval), por Xurxo Souto (5’)
_____
Servizo de autobús: Saída desde Lugo (prza. de santo Domingo) ás 16:00 h. Regreso: Chegada a Lugo ás 22.00 h. aprox
Aviso: Os menores de idade teñen que ir obrigatoriamente na compaña dun adulto e hai que anotarse previavemente a través do tfno. 982 242300 ou do e-mail raquel@museolugo.org





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



