Continuando coa súa ronda de reunións con veciños polos distintos barrios da localidade, o alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto con membros do seu equipo de goberno e da dirección local do PP, celebrará mañán, xoves, ás oito da tarde, no Bar Don Jamón, unha nova xuntanza con veciños, neste caso do entorno das rúas Rosalía de Castro, Pardo Bazán, etc. Desde o PP de Burela, animan ós veciños a participar activamente nestas reunións, que serven para explicar o traballo que se está a facer e o que está previsto, e tamén para recoller suxerencias e escoitar aquelas críticas que se poidan suscitar.
Reunión do PP de Burela en Rosalía de Castro e Pardo Bazán
Reunión do PP de Burela en Rosalía de Castro e Pardo Bazán
Relacionado
-
O PP defende o criterio dos técnicos sobre Altri e acusan ao BNG e Sumar de “pedir que o Goberno prevarique”
-
O Concello de Vilalba reforza no curso 2025/26 os servizos de xestión municipal nos centros educativos
-
O Partido Socialista defende que o goberno central é “a garantía” de que non se atentará contra o medio ambiente “nin por parte de Altri nin de ningún outro proxecto”