Ribadeo, 23 de novembro de 2014.- Ribadeo sufriu ducias de incidencias, tanto na vila como nas parroquias, por mor das intensas chuvias caídas ao longo deste domingo. Producíronse cortes na estrada N-634 en Vilaframil, nas rotondas de acceso a Ribadeo desde a A-8 en Vilaselán, e tamén se rexistraron asolagamentos en garaxes e nalgunhas vivendas. O alcalde, Fernando Suárez, porase en contacto esta semana con Augas de Galicia para demandar que procedan á limpeza dos regatos e dos ríos de Ribadeo e tamén se dirixirá a Fomento debido á acumulación de auga que se rexistra, cando chove moito, nas inmediacións das circunvalación e da autovía.
O rexedor dixo que “foi algo pouco habitual a cantidade de auga que durante tantas horas estivo caendo e con tanta intensidade en Ribadeo, tanto na vila como nas parroquias, tanto as da costa como as do interior tiveron bastantes incidencias ao longo de todo o día. Quero en primeiro lugar valorar o traballo que levamos facendo durante todo o día os bombeiros de Barreiros, a Policía Local, voluntarios de Protección Civil, a Garda Civil e mesmo os traballadores do Concello que aínda neste momento no que estou facendo esta valoración, xa entrada a noite, seguen traballando nalgúns puntos para intentar remediar ou paliar os danos causados por tanta cantidade de auga, que foi desbordando os regatos e converténdoos en auténticos ríos”.
Suárez Barcia sinalou que “aínda recoñecendo que choveu moitísimo, a partir do inicio da vindeira semana falarei dunha maneira moi seria con Augas de Galicia porque hai moitos regatos que non están todo o limpos e desbrozados que deberan, o que non é unha competencia municipal senón autonómica, a través de Augas de Galicia. E tamén temos grandes incidencias que veñen dadas pola circunvalación e pola autovía A-8”. O alcalde subliñou: “refírome a isto porque os enxeñeiros cando trazan estas vías de comunicación resolven os pasos da auga por debaixo destas infraestruturas, pero non teñen en conta que o que fan é sumar unha chea de regatos e concentralos en moi poucos, en cinco ou seis puntos, que ao final cando chove tanto, como é o caso, isto acábase convertendo nunha auténtica riada. En lugares onde nunca houbo estes problemas, como na Madanela, noutras zonas de Vilaframil, na Devesa, nos Garitos ou na avenida Segundo Moreno Barcia temos agora graves problemas de acumulación dunhas cantidades impresionantes de auga. O que van ter que facer esta xente do Ministerio de Fomento é buscar unha alternativa para diversificar un pouco esta auga porque senón cada vez que chova como hoxe vamos ter estes problemas en Ribadeo. E isto realmente non pode ser”.
O rexedor indicou que “non houbo que lamentar danos persoais, pero houbo problemas e sacrificios para os afectados, sobre todo en garaxes de edificios no ámbito urbano e tamén nos accesos a Ribadeo varias vivendas asolagáronse cunhas cantidades de auga importantes. Houbo cortes de tráfico na estrada Nacional 634, tamén no acceso a Ribadeo dende a autovía A-8, sobre todo polos problemas nas rotondas de Vilaselán”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



