A exposición “ESCOLCRIS” dos artistas mindonienses Alicia Morales, Maria Medeot e Fernando Vilariño pode visitarse na Sala de Arte da Casa da Cultura de Burela. A temática da exposición é a escultura en granito e pedra, pintura ó óleo e artesanía en cristal con acrílico.
Maria Medeot nada en Bos Aires (Arxentina) vive na actualidade en Galicia. Estudou na Escola Nacional de Belas Artes “Manuel Belgrano” e na Escola Superior de Belas Artes “Prilidiano Pueyrredón” Bos Aires. Cursou estudos de Historia do Arte na Universidade de Bos Aires. Entre as exposicións individuais destacan: Sala Krauss dependente dos Ministerios de Educación de Arxentina, Galeria de Arte “Gala”, Bos Aires, Fundación Araguaney de Santiago de Compostela. Nas exposicións colectivas destacar: Salones de Belas Artes dos Concellos de San Fernando, San Martín, Colón y Martinez , na província de Bos Aires.
Alicia Morales, autodidacta, destaca na artesanía en cristal con pintura acrílica. Ten feito distintas exposicións dos seus traballos en dintintas Salas na Mariña.
Fernando Vilariño, escultor autodidacta que traballa o granito e a pedra. Nado en Curtis, reside na actualidade en Mondoñedo . Usa preferiblemente a taia direita, e cada obra é única e irrepetible. Unha exclusividade que da aos seus traballos. Un valor engadido do que se pode gozar nesta exposición .
A mostra permanecerá aberta ata o vindeiro 28 de novembro en horario de luns a venres de 10.00 a 13.00 horas á mañá e de 17.00 a 20.00 horas ás tardes.




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



