Talía Teatro representará no Teatro Pastor Díaz “XANGO: A moi extraordinaria historia do home que foi engulido por unha máquina” o sábado 8 de novembro ás 18.00 horas. A comedia, dirixida sobre todo a un público entre 7 e 12 anos, conta a historia dun home que foi engulido pola súa propia tablet, do que alí dentro atopou, de tódalas aventuras que viviu, e dos arrepiantes perigos que tivo que afrontar. XANGO!, dirixido por Diego Rey e con Dani Trillo e Toño Casais no elenco artístico, é un espectáculo de mimo e clown que proporcionará diversión e fará reflexionar sobre os usos e abusos do mundo cibernéticos.
