O 1– 12– 39, os Irmáns da Instrucción Cristiá (Menesianos) inician as crases para cumprir disposicións testamentarias do matrimonio Martínez-Otero que, ó ceder a fortuna ó pobo de Foz, foron os maiores benfeitores da súa historia.
Medio cento de ex_alumnos pioneiros, entendendo por tal os que asistiron ás aulas da actual Casa da Cultura, tamén doada pola parella, celebraran no 2010 unha xuntanza, co fin:de lembrar afastados tempos ; a convivencia estudiantil e o seu entorno, en épocas nas que a falta de recursos, de liberdade, de medios de todo tipo; ou sexa, de pobreza, non lograron frustrar a felicidade que trascende dun período que na distancia o tempo magnifica, esquecendo as penurias. O poeta francés, Novalis, dixo que “os recordos son o único paraíso do que ninguén pode expulsarnos”; e ese foi o goce dos septuaxenarios ós que a vida levara por distintos camiños, nos que se mesturaron as rosas coas espiñas; 70 anos despois, nunha convivencia de franca camaradería, ós empañada pola ausencia dos compañeiros a quen a Pálida, levara xa á outra galaxia…A aqueles nenos e mozos pasáranlles polo lombo os anos e a evidencia trae á memoria as verbas da poeta Olga Thams: “ No es el tiempo el que pasa. Eres tú que te alejas hacia la sombra… Al final, casi vacías las manos, te preguntas en qué momento se te fue la vida, se te sigue yendo, como un hilo de agua, entre los dedos…”.
Difícilmente nos pobos danse efemérides mais dignas de celebrar que as referidas ós avances e melloras de medios para a formación intelectual e humana das xeracións e ésta é a transcendental razón histórica da conmemoración dos 75 anos do Colexio Martínez Otero, que ós focegos nos enorgullece.
Entre os miles de discípulos que pasaron polas aulas, está este cronista a quen limitacións persoais impediron a presencia nos actos do pasado día 27, que ata os últimos instantes dábamos por segura; día de nostálxia, avivada polos versos de Vilar Ponte: “Corazón ya vamos viejos/; ya van quedando muy lejos/ los recuerdos del ayer´Ya ha nevado en mi cabeza; ya siento la enorme tristeza de lo que no ha de volver”. Desexamos a aquela Comunidade educativa , benqueridos amigos e amigas, longa e fructífera vida.
Suso Fernández

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



