A Deputación de Lugo vén de aprobar, na Xunta de Goberno celebrada hoxe, un convenio coa Confederación de Empresarios da provincia de Lugo (CEL), co que a institución provincial fai unha achega de 60.000 euros para impulsar a actividade do tecido empresarial lucense.
Dito convenio foi presentado hoxe polo Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o conselleiro delegado da Confederación, Jesús García Quintá nun acto celebrado na sede da Confederación de Empresarios no que Gómez Besteiro destacou que “esta colaboración responde ás políticas de apoio ás empresas por parte da Deputación nos últimos anos e, en especial ás pequenas e medianas empresas, as máis numerosas na provincia e en toda Galicia”. De feito, supoñen máis do 95% do tecido empresarial lucense.
Gómez Besteiro destacou as dificultades as que se enfronta o tecido empresarial no país, como o feito de que das últimas 27 subas de impostos establecidas polos Goberno central, 13 delas están a ser soportadas directamente polas empresas, ao que engadiu, no caso concreto da provincia de Lugo, a escaseza de inversións claves en infraestruturas e servizos por parte dos Gobernos central e autonómico, tal e como tamén denunciaron os propios empresarios lucenses.
O conselleiro delegado da CEL, Jesús Quintá, destacou pola súa banda que o acordo permitirá á CEL “seguir desenvolvendo o seu traballo fundamental, que é o de atención ás pequenas e medianas empresas da provincia de Lugo, máis necesario que nunca dada a situación de crise que levan soportando desde fai máis de cinco anos e que, aínda que parece que empeza a remitir, suporá aínda polo menos dous anos máis de dificultades”. Subliñou na mesma liña a “importancia de pemes e microempresas para a provincia de Lugo, onde son maioritarias”, pois supoñen máis do 95% do seu tecido empresarial, e do “desenvolvemento de accións para o fomento da súa internacionalización”.
Apoio a empresa e creación de emprego
O Presidente destacou as políticas de apoio da Deputación ao tecido empresarial emprendidas nos últimos anos, “en materia tecnolóxica; as dirixidas a mellorar o financiamento”, que cumpren, ademais, o obxectivo de “ofrecer solucións aos máis de 25.000 desempregados da nosa provincia”. Gómez Besteiro destacou a máis recente destas medidas, o plan BEN EMPREGADO!, unha iniciativa coa que o organismo provincial destina 5 millóns de euros de fondos propios para asumir na súa totalidade os custes salariais e de Seguridade Social para a contratación durante 1 ano de desempregados lucenses en establecementos, empresas ou colectivos da provincia que necesiten novo persoal para impulsar a súa actividade, pero que requeren de axuda económica para poder contratalo neste momento. Deste xeito, “iremos directamente ás empresas para saber cales son as súas necesidades e adaptar á oferta á demanda”, con vistas a xerar emprego tamén a longo prazo.
Actividade da CEL
A CEL atende unha media de máis de 5.500 consultas ao ano só das súas empresas asociadas, a través dos seus servizos de asesoramento xurídico, laboral, fiscal, de comercio exterior e comunicación ou administrativos. A maiores, asesora cada ano a unha media de 200 proxectos empresariais promovidos por emprendedores lucenses en colaboración coa Fundación CEL.
Esta última entidade conta cun centro de iniciativas empresariais para incubación que vén de ser cualificado por FUNCAS (Fundación de Caixas de Aforro) como o 13º mellor de España, dos máis de 350 analizados. Este posicionamento é mellor se se atende a criterios concretos como “incubación básica” (6º mellor de España) ou “difusión do espíritu de empresa” (8º mellor de España). A Confederación de Empresarios de Lugo desenvolve, así mesmo, labores de orientación laboral a desempregados e de formación.



















Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
A clientela aproveitou esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebrou o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa contou coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.



