Lourenzá, 18 de decembro de 2014.- Na tarde do 18 de decembro de 2014 fíxose entrega, en dous establecementos de Lourenzá, de dous dos premios do sorteo dos 25.000 euros en vales que puxo en xogo a Federación de Comercio de A Mariña o pasado 28 de outubro.
No sorteo, celebrado o 9 de decembro ante notario, resultaron agraciadas nove papeletas, cinco delas entregadas polo comercio participante laurentino.
Lamentablemente, só dous dos cinco agraciados reclamaron o seu premio dentro do prazo convido que remataba o pasado luns.
Unha das afortunadas que recolleu o seu premio foi Remedios Iglesias Castro, de Villamar, posuidora da papeleta con número 151.462 recibida no establecemento de MAQUINARIA MOURE. O premio, que ascende aos 2.206,77 €, deberá gástalo nos establecementos participantes de Mondoñedo. Fixeron a entrega Manuel Tapia y Ángel Castañal, membros da diretiva de A.C.I.A.M.
O segundo afortunado ao que se lle fixo entrega do seu premio, dotado con 3.627,57 €, foi José María Fernández Lourido, veciño de Nogueiredo na parroquia laurentina de Santo Adrao. O premio, foi entregado por A.C.I.A. FOZ no BAOS, establecemento onde o afortunado se fixo coa papeleta gañadora que levaba o número 137.754.
A xerencia do CAFÉ BAR BAOS convidou, ao remate do acto, a uns pinchos aos presentes.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



