Burela, 10 de decembro de 2014. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade de Burela ten aberta ata o vindeiro martes, 16 de decembro, a preinscrición para que os veciños e veciñas que o desexen poidan anotarse nos novos cursos de escola de columna e ximnasia preventiva, ofertados polo Concello. Posteriormente, dende o día 22 e ata o 5 de xaneiro, @s alumn@s poderán formalizar a súa matrícula. Os anotados deben estar empadroados no concello de Burela e non presentar ningún tipo de contraindicación médica. Ademais, no caso da escola de columna os participantes deberán ter máis de 18 anos, e no de ximnasia preventiva, máis de 60. As persoas interesadas poden anotarse xa fisicamente no Concello.
Dende a Concellería de Servizos Sociais recordan que non se admitirán inscricións telefónicas e que como máximo, cada persoa só poderá anotar a outro participante a maiores nunha das dúas actividades ofertadas. Os horarios nos que se levarán a cabo as clases da escola de columna serán os luns ás 15.30 e ás 16.30 horas; os martes ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00; os mércores ás 19.00 e ás 20.00 horas e os venres ás 09.00, ás 10.00 e ás 11.00 da mañá. No caso da ximnasia preventiva, as clases impartiranse os luns e xoves ás 09:00, ás 10:00 e ás 11:00 horas. O límite de inscritos será de 10 persoas para cada un dos horarios ofertados na escola de columna e de 20 e 30 para os grupos participantes na ximnasia preventiva. Haberá dous grupos de trinta persoas e un de vinte.
Estas actividades: escola de columna e ximnasia preventiva impartiranse na aula de familia da Casa da Cultura e na praza de abastos.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



