Ainara Rodríguez fíxose con outro logro: o trofeo da categoría infantil da Lugo Monumental onde foi seguida moi de preto pola súa compañeira do Maderas Barcia, Ana Vallines.
En xeral, os atletas das ED Lourenzá volveron a cumprir un papel destacado.
Categoría BENXAMÍN
| P.Gen | Dorsal | Nom. | Apell. | T.Oficial | Club |
| 8 | 5209 | BRAIS | DIAZ SALAS | 00:02:43 | MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 6 | 5210 | IRIA | RODRÍGUEZ ARES | 00:03:02 | MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO |
Categoría INFANTIL
| P.Gen | Dorsal | Nom. | Apell. | T.Oficial | Club |
| 1 | 5212 | AINARA | RODRIGUEZ ARES | 00:03:48 | MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 2 | 5575 | ANA | VALLINES FERNANDEZ | 00:03:49 | MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO |
| 13 | 5211 | ALEIX | DIAZ SALAS | 00:04:13 | MADERAS BARCIA LOURENZÁ MONDOÑEDO |
Categoría CADETE FEMININO
| P.Gen | Dorsal | Nom. | Apell. | T.Oficial | Club |
| 10 | 5174 | CLAUDIA | GRAÑA FERNÁNDEZ | 00:06:13 | E.D. LOURENZA |
| P.Gen | Dorsal | Nom. | Apell. | T.Oficial | Club |
| 44 | 345 | MARTÍN | PARDIÑAS DÍAZ | 00:36:41 | CLUB ATLETISMO LOURENZÁ |
| 132 | 382 | MARCOS | RODRIGUES DIAZ | 00:39:43 | CLUB ATLETISMO LOURENZÁ |
| 266 | 188 | LUIS MANUEL | GRAÑA GONZALEZ | 00:42:33 | CLUB ATLETISMO LOURENZÁ |
| 437 | 346 | RUBEN | MENDEZ VIDAL | 00:44:57 | CLUB ATLETISMO LOURENZÁ |
| 891 | 609 | MARISA | ARES REIGOSA | 00:51:40 | CLUB ATLETISMO LOURENZA |
| 1168 | 714 | JOSE | LOPEZ GAVIN | 00:58:05 | CLUB ATLETISMO LOURENZÁ |
| 1234 | 2921 | MIGUEL | PAZ SIXTO | 01:00:49 | CLUB ATLETISMO LOURENZÁ |




















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
