Alain Afflelou Burela e o CD Burela FS Pescados Rubén reforzaron esta tempada o seu compromiso co patrocinio de Carlos Valle, xogador do equipo de Primeira División. O canteirán burelés visitou a óptica de Marta Basanta Fernández que mostrou a súa satisfacción polo acordo alcanzado: “Asociar a nosa imaxe ao deporte sempre é moi positivo e neste caso concreto máis aínda xa que sumamos identidade ao proxecto. É un orgullo que os canteiráns adquiran máis protagonismo xa que a súa presenza xera ilusión na afección e na base”. A xerente de Alain Aflellou Burela apostou desde os seus inicios, primaveira de 2008, polo CD Burela FS Pescados Rubén como unha parte importante “da nosa política publicitaria. É unha realidade que a nosa asociación co CD Burela FS Pescados Rubén é moi positiva para a nosa marca. Desde o principio xerounos a opción de chegar con facilidade á xente e unha notoria visibilidade que, consecuentemente, proporcionounos unha rápida e destacada posición no mercado. Ademais sumamos un valor engadido, vincular a nosa imaxe co deporte e cun club que representa a Burela por toda España. É un orgullo ser partícipe do enorme desafío que supón competir na élite nacional. Aproveito a ocasión para felicitar ao club pola súa clasificación para a Copa de España 2015”.
Promocións
Do mesmo xeito que en tempadas anteriores, Alain Afflelou Burela ofrece descontos aos socios do CD Burela FS Pescados Rubén e tamén ofrece como cada ano suculentas ofertas como o 3×1 de Tchin Tchin: por só 1 euro máis podes comprar un segundo par de lentes e un terceiro para ti ou para quen ti queiras!!
Ademais en Alain Afflelou Burela poderás gozar gratuitamente, durante todo o ano; de 1 mes de proba nas túas lentillas, adaptación de lentillas, o segundo par de lentes progresivos da mesma categoría que o primeiro únicamente por 1 euro a maiores….. e moitas máis ofertas que che podes atopar na óptica situada en Rosalía de Castro, 25 de Burela. Non o dubides e consulta a túa mellor opción!!






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
