A Xunta de Goberno deste venres aprobou as bases do BEN EMPREGADO!, o novo plan de emprego da Deputación, dotado de 5 millóns de euros, que subvenciona a contratación durante 1 ano dun mínimo de 300 desempregados lucenses dos 67 Concellos lucenses en entidades e colectivos da provincia. “É un plan pioneiro na defensa dos dereitos dos traballadores a través de cláusulas sociais nos contratos, que blindan os empregos e as condicións laborais e salariais dos traballadores. É, ademais, unha programación innovadora, posto que por primeira vez unha administración galega crea un plan de emprego que escoita ao tecido empresarial e asociativo, axustando a oferta de emprego á demanda”, destacou o voceiro provincial socialista.
Manuel Martínez adiantou que, aprobadas hoxe as bases, o luns publicaranse no BOP e o martes abrirase un prazo de 15 días hábiles para que pequenas empresas e microempresas, empresarios individuais e profesionais, comunidades de bens e sociedades civís, asociacións, federacións, fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro (todas elas lucenses), presenten proxectos de futuro sobre a súa actividade socioeconómica, detallando o número e o perfil de persoas que desexarían contratar para levalo a cabo, a súa función ou vinculación coa empresa… Toda a información sobre as bases ou os modelos de inscrición estará a partires do luns en www.deputacionlugo.gal. Máis detalles no 982-260-000.
Na selección de entidades e colectivos, que será en réxime de concorrencia competitiva, atenderá, principalmente, a criterios sociais. Estes son: 1.-Entidades cuxo domicilio fiscal se encontre en calquera Concello da provincia de menos de 5.000 habitantes; 2.- Entidades que apliquen claúsulas sociais nos contratos de traballo do seu cadro de persoal ou contemple calquera outra mellora que redunde en beneficio do traballador; 3.- Contar cun programa de horario flexible; 4.- Ofrecer bolsas de estudo, plan de pensións, seguros médicos; 5.- Favorecer medidas de conciliación da vida laboral e familiar; 6.-Calidade da memoria-proxecto e adecuación ao programa; 7.- Entidades atendendo ao cadro de persoal, “en impulso a autónomos e PEMES”.
En cumprimento coa Lei de Subvencións, non poderán participar entidades declaradas en concurso, que non estean ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, que teñan a residencia fiscal nun país ou territorio cualificado como paraíso fiscal, ou que estean sancionadas mediante resolución firme coa perda de obter subvencións. Tamén quedarán excluídas, no caso de despedir de forma improcedente a algún traballador, como mínimo, nos seis meses anteriores á data de finalización do prazo de presentación de solicitudes do BEN EMPREGADO!.
Será en febreiro cando arranque a segunda fase do BEN EMPREGADO coa celebración dunha convocatoria pública de selección de desempregados lucenses dos 67 Concellos de Lugo que serán contratos nas entidades e colectivos seleccionados na primeira fase do plan.
Plan de Conservación
A Xunta de Goberno aprobou a contratación do primeiro Plan de Conservación da rede viaria provincial que inclúe cláusulas sociais en defensa dos traballadores. “Con esta medida, conseguimos, primeiro, blindar os empregos dos 80 traballadores que atenderán as estradas provincias, posto que as adxudicatarias teñen a obriga de mantelos durante todo o prazo de execución dos contratos, que é de 4 anos; e, segundo, mellorar as súas condicións salariais e laborais con respecto ao Estatuto dos Traballadores e ao convenio do sector, que é o de Edificación e Obras Públicas.
O prezo de contratación do Plan de Conservación é de case 11 millóns de euros. A este presuposto da Deputación engádense as melloras por valor de 2,4 millóns de euros que ofreceron e asumen as adxudicatarias. Isto supón que o investimento total para a conservación da rede viaria provincial ata 2018 sexa de 13,4 millóns.
– Zona 1: 1.603.903 euros para a conservación de 530 quilómetros de vías nos Concellos do Vicedo, Viveiro, Xove, Cervo, Burela, Ourol, Muras, Xermade e Vilalba.
– Zona 2: 1.547.077 euros para 618 quilómetros nos Concellos do Valadouro, Foz, Alfoz, Barreiros, Lourenzá, Ribadeo, Trabada, Mondoñedo, Abadín, Riotorto, A Pastoriza e A Pontenova.
– Zona 3: 1.582.983 euros para 668 quilómetros nos Concellos de Meira, Pol, Castro de Rei, Cospeito, Outeiro de Rei, Rábade, Lugo, Castroverde, Baleira, O Corgo, Láncara e Baralla.
– Zona 4: 1.545.131 euros para 680 quilómetros dos Concellos de Guitiriz, Begonte, Friol, Guntín, Palas de Rei, Antas de Ulla, Monterroso, Portomarín, O Páramo, Sarria e Paradela.
– Zona 5: 1.500.732 euros para 332 quilómetros nos Concellos de Ribeira de Piquín, A Fonsagrada, Negueira de Muñiz e Navia de Suarna.
– Zona 6: 1.474.493 euros para os 334 quilómetros dos Concellos de Becerreá, Cervantes, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro.
– Zona 7: 1.601.032 euros para os 313 quilómetros dos Concellos de Triacastela, Samos, O Incio, Folgoso do Courel, Quiroga e Ribas do Sil.
– Zona 8: 1.544.412 euros para os 738 quilómetros dos Concellos de Bóveda, A Pobra do Brollón, Monforte de Lemos, Sober, Pantón, O Saviñao, Taboada, Chantada e Carballedo.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



