Burela, 23 de decembro de 2014. O pavillón Vista Alegre será escenario o vindeiro 5 de xaneiro do partido que disputarán a selección nacional de fútbol sala masculino contra Ucrania. O alcalde, José Mª González Barcia, amósase satisfeito porque “se siga contando con Burela” para albergar eventos deste tipo. A presentación do encontro tivo lugar esta mañá no Concello de Ferrol, porque nesa cidade tamén haberá outro partido o día de Reis.
O rexedor explicou que “na mañá de hoxe presentamos no Concello de Ferrol, xunto co alcalde desta cidade, José Manuel Rey Varela, e o seleccionador nacional de fútbol sala, José Venancio, os partidos que disputará a selección nacional de fútbol sala masculino xogará en Burela e en Ferrol. Serán dous encontros contra a selección de Ucrania, país que ocupa o quinto posto do ránking Uefa. E en Burela o partido será o 5 de xaneiro ás 17 horas, e en Ferrol o día de Reis”.
González Barcia dixo que “para nós é unha satisfacción, unha vez máis, que tanto a Federación Galega coma a Federación Española de Fútbol se acorden de nós para que Burela volva acoller un partido da selección nacional de fútbol sala. É unha boa oportunidade para recoñecer o traballo que desde o Burela FS Pescados Rubén se está a facer e tamén no que se refire ao traballo co deporte base, que está a ser refrendado pola presenza dos dous equipos, tanto masculino coma feminino, na máxima categoría do fútbol sala nacional”.
O alcalde subliñou que “Burela ten xa experiencia en ter eventos organizados tanto pola Federación Galega de Fútbol como pola española. E estou completamente seguro de que o vindeiro 5 de xaneiro o pavillón Vista Alegre estará completamente abarrotado para animar á selección nacional de fútbol sala masculino”.
E engadiu: “nós desde o Concello estamos satisfeitos e agradecidos de que se siga contando con Burela, un concello con 10.000 habitantes que conta con dous equipos da máxima categoría do fútbol sala, e que Burela poida seguir sendo un referente no mapa deportivo a nivel nacional e galego”.





















A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.
O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
Unha xornada de convivencia que comezará ás 11:30 h na Alameda, con misa de campaña, sesión vermú, comida, sorteo e festa ata as 19:00 h. A principal novidade é o menú con paella, sobremesa, bebida e café. Para participar é preciso vale: 7 € para persoas empadroadas e 10 € para non empadroadas e acompañantes, dispoñible nas oficinas municipais, onde tamén se pode solicitar transporte. Senllos concellos animan á veciñanza maior a sumarse a esta cita de encontro e recoñecemento.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
