Organizada pola A. C. Francisco Lanza, de Ribadeo, este martes 30 de decembro terá lugar unha charla -coloquios sobre o proceso soberanista catalán. Como relator, Suso López, xornalista ribadense afincado en Barcelona, fará un repaso aos principais acontecementos ocorridos en Catalunya ao longo destes últimos meses e despoios poderemos debatir con el, e entre todos nós, sobre un proceso político de primeira orde que está a condicionar a vida política española no seu conxunto e que tamén ten implicacións de cara á política galega. Será na Casa das Letras, ás 20.30 horas.
Charla coloquio sobre Catalunya en Ribadeo
Charla coloquio sobre Catalunya en Ribadeo
Relacionado
-
Charla sobre a Lei de Costas e a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística en Burela
-
O 10 de maio desprazarase a Alfoz a ITV móbil para realizar inspeccións técnicas periódicas tanto a motos como a ciclomotores
-
Durante esta semana o persoal de Vigilancia Aduanera de Ribadeo realizou cursos de adestramento de intervención con medios non letais no marco da formación continua programada pola Regional de Aduanas de Galicia