17 de decembro de 2014.- Compromiso inicia a campaña “Comprométete co comercio local. Merca no teu concello”, chamando a realizar as compras nos comercios de proximidade e facer pedagoxía apoiándoo no entorno.
Según Iván Marrube, “como cidadáns debemos ser conscientes do que consumimos e onde realizamos o noso gasto, para ser sabedores en que repercuten os nosos feitos; e somos nós mesmos quenes debemos poñer en valor o noso comercio e promocionalo, xa que forma parte do patrimonio social e cultural, ademais de ser un sector económico fundamental para as nosas localidades, repercutindo positivamente na dinámica socioeconómica das vilas”.
Así mesmo, Marrube indica que “é fundamental o desenvolvemento de plans integrais de apoio ao pequeno comercio fundamentadas na modernización e innovación comercial coa promoción comercial e formación; así como unhas normas claras e transparentes, con maiores controis horarios e igualdade de oportunidades ante as grandes superficies”.