Despois da celebración de xogos infantís na mañá deste luns 22 de decembro no Casa da Cultura coa participación de 33 nenos e nenas de infantil ata 4º de Primaria, o programa de Nadal do Concello de Xove continua a súa marcha.
Este martes 23 de decembro, de 11.00 a 13.00 a OMIX de Xove acollerá un obradoiro de manualidades para nenos e nenas de 3º a 6º de Primaria. E a partir das 20.00 horas, no salón de actos do Centro Cívico, o tradicional Concerto de Nadal porá fin ó primeiro curso “Música no Nadal” que organiza a Asociación Prestoxove coa colaboración da EM de Música de Xove.
A entrada a este concerto é de carácter libre e gratuíto.