Tras a xornada celebrada este xoves no Bar Miramar, en San Cosme, na cal Balbino Fernández, Miguel Franco e Lorenzo Cornide, expertos en fiscalidade, relacións laboráis e economía falaron da cotización e a xubilación; Ollomao presenta outra charla arredor da mesma temática, pero dirixida especialmente ao colectivo das persoas que traballan como autónomas. Para esta ocasión, Ollomao contará coa presenza de Lisardo Domínguez Rodríguez e María Jesús González Paradela, de AUGA-Asociación de Autónomos de Galicia, que tratarán cuestións como o peso fiscal, baixa e invalidez, e o paro, no caso das persoas traballadoras por conta propia. A cita, aberta a todas as persoas interesadas en asistir, será o xoves 11 de decembro, ás 20:30h. no Bar Rías Altas (fronte ao tanatorio de San Pedro de Benquerencia).
Continúa o ciclo de “Xoves Universitarios” de Ollomao
Continúa o ciclo de “Xoves Universitarios” de Ollomao
Relacionado
-
A interiorista coruñesa Adriana Janeiro instalou recentemente o seu estudo en Ribadeo co obxectivo de atender a clientes de diferentes lugares de Galicia e Asturias
-
A Garda Civil imputa en calidade de investigados a dous condutores sen permiso de conducir no termo de Lourenzá
-
Este venres comeza unha nova edición da Ruta de Pinchos do Vicedo