Daboapipa achega a Ribadeo contos e música entre o sábado 13 e o domingo 14 de decembro. Ás 16.30 horas do sábado estarán na escola de Rinlo presentando “Contos de animalario” para público infantil. Ás 18.30 horas na escola de Ove, “Historias de amor, guerra, vida e case morte” para tódolos públicos. E pecharán a xornada en Remourelle coa función anterior a partir das 20.30 horas. Xa o domingo, ás 17.00 horas na escola de Vilaselán e ás 19.00 horas no Círculo Habanero da Devesa, volverán representar “Historias de amor, guerra, vida e case morte” para tódolos públicos.
Daboapipa achega contos e música a Ribadeo
Daboapipa achega contos e música a Ribadeo
Relacionado
-
O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, destacou este luns “o valor do traballo artesanal e o compromiso coa calidade” que representa a queixería Don Crisanto de Vilalba, trasladando os parabéns a esta empresa familiar polo recoñecemento recibido nos Premios Alimentos de España 2025
-
Semana de intensa actividade no Vicedo
-
Este domingo tiveron lugar en Ribadeo a misa e a procesión na honra da Virxe do Carme