Estamos de cheo nas datas en que o calendario sinala as xornadas do Nadal; celebración de ledicia e de nostalxias; a ledicia da volta ó fogar dos membros que se atopan espallados polo mundo, pero tamén das fondas nostalxias pola ausencia dos seres queridos, que nunca voltarán, e que deixaron as nosas vidas marcadas co vacío, ás veces prematuro, e polo tanto coa dor da súa existencia fugaz…A música é, en esencia, a combinación de sons que expresan os sentimentos; cada circunstancia vital, cada estado anímico, ten a súa expresión musical: a alegría, a tristura, a victoria, a derrota, o amor e o desamor; todo en fin se interpreta e manifesta dende a sensibilidade expresiva das notas musicais, magnificando as vivencias mais íntimas e persoais. O Nadal, de fonda resoancia na Humanidade, históricamente ten como expresión musical e poética o vilancico, nome que procede de “vilano”, equivalente a “rústico”, pois era a cantiga dos pastores. Logo os vilancicos cultiváronse nas capelas musicais das Catedrais, polos séculos XVII e XVIII, tempos de apoxeo dun xénero que ten seus precedentes nas festas agraqrias e na liturxia.. O vilancico foi moi cultivado en Galicia, chegándose a facer moi populares moitos deles fora das nosas fronteiras e aquí traspasou o ámbito popular, pois foron moitos os poetas que escribiron vilancicos, panxoliñas, nadais, aninovos e reis. Os mais preto de nós: Noriega, Crecente Vega, Iglesia Alvariño, Trapero, Díaz Jácome…cantaron o Nadal, e Alvaro Cunqueiro cada ano escribía un para que o cantara Remediños, a filla do seu amigo, o músico e barbeiro “Pallarego”, quen os musicaba; un deles dí:“Porque son moi pequeniña/ non me deixaban vir/ pero díxenlle á abueliña / que me trouxera ata aquí. / Pensei traerche un regalo/, unha rosquilla ou un bolo, / pero aínda a mín tiveron / que traerme aquí no colo./… Medio kilo de xabón / nestes tempos de estraperlo /val como un ollo da cara / i-a todos nos ven “al pelo”. / Pro non é para vosoutros ,/ mal está en que eu o diga: / que é para San Xosé e o Neno / e mais para a Virxe María”, con todo o candor do Nadal ¡Galeguiños!: ¡cantemos xuntos á Navidá…!

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



