As cámaras de Teledeporte de TVE presenciarán este sábado o duelo galego entre Santiago Futsal e Burela FS Pescados Rubén, a partir das 13.00 horas, en Santa Isabel. “Vivirase un ambiente moi bonito que nos favorecerá aos dous equipos; Santa Isabel é máis acolledor. Fontes do Sar é magnífico pero polas súas dimensións xogar alí sempre resulta máis frío” explicaba o técnico mariñán, Juanlu, agradecendo de antemán o apoio dos numerosos afeccionados que se desprazarán á capital galega para animar os laranxas.
Desde a oitava praza (19 puntos) e logo de cinco triunfos consecutivos, o Burela FS chega ao duelo irmandiño con ganas de sacarse a espiña da derrota da semana pasada en Vista Alegre, co 1-2 a favor do Jaén Paraíso Interior na recta final do encontro. O Santiago Futsal suma un total de 6 partidos sen gañar, sumando só un punto na súa visita a Jumilla na 10ª xornada (2-2). Os composteláns buscan afastarse dos postos de perigo; agora mesmo ocupan a 12ª posición, igualados con Montesinos Jumilla e D-Link Zaragoza.
“Os partidos con Santiago sempre son moi disputados tanto en liga como en Copa Galicia. Talvez eles dispoñan de menos recursos esta tempada pero o noso estado físico, con xogadores importantes que non poden contribuír todo o que necesitariamos, tamén nos condiciona. Creo que o partido se poderá repartir ao 50% para cada un” adiantaba Juanlu Alonso.
Na expedición de Juanlu volverán repetir os mozos Hélder, Ángel e Renato. Entre as dúbidas de última hora estarán Isi e Iago Míguez, ambos por lesións musculares. A participación de Miguel tampouco estará asegurada; o ala madrileño aínda arrastra certas molestias dunha contusión ósea.
Segundo a información facilitada polo Santiago Futsal, Santi Valladares chega a este encontro con dúas baixas: Lucho, que segue co proceso de recuperación da lesión de xeonllo que sufriu a semana pasada, e Lucas Bolo, que comezou a exercitarse co grupo onte e non chegará ao encontro deste sábado.
Convocatoria Santiago Futsal: 1.Marcos Vara, 3. Dani M., 5. Iván Rumbo, 6. Borja, 7. Gallego, 10. Marci, 12. Chus, 13. Pablo Tallón, 14. Hugo Sánchez, 18. Kike, 19. Santi, 23. Quintela, 25. Íker.
Convocatoria Burela FS Pescados Rubén: 1. Edu, 5. Iago Míguez, 7. Isi, 10. Matamoros, 11.Chano, 13. Álex, 14. Miguel, 17. Carlitos, 23. Antoñito, 27. Renato, 29. Ángel, 30 Hélder.























A clientela aproveita esta cita para facerse con artigos de tempada a prezos moi interesantes. É a segunda vez neste mes de agosto que se celebra o Comercio na Rúa en Ribadeo. Para a organización desta campaña Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo, Comercio Galego e Xunta de Galicia.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.
Dende as 10 da mañá máis de 170 vehículos ocuparán o aparcamento de Coto ata as 13:30, cando partirán en caravana cara Arealonga. Alí permanecerán ata as 17:00, momento no que iniciarán a ruta pola estrada das praias, regresando ás 18:30 para a entrega de premios e a clausura, prevista para as 20:30. A cita reunirá máis de 300 participantes, con presenza de persoas chegadas de Pamplona, Bilbao e doutros puntos do Estado. O evento, organizado por retroclasicos_barreiros e co apoio do Concello, continúa a atraer amantes dos vehículos clásicos e a dar visibilidade á beleza de Barreiros.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
