Ribadeo, 30 de decembro de 2014. Cento corenta xogadores e xogadoras participaron o pasado fin de semana no I Torneo de Pádel Serviocio, celebrado nas instalacións de Pádel Club Ribadeo.
A pasada fin de semana tiña lugar nas instalacións do Pádel Club Ribadeo o I Torneo de Pádel Serviocio. Un total de 140 xogadores e xogadoras inscribíronse entre as categorías 1ª e 2ª masculinas, feminina e categoría mixta. Desde o venres 26 ao domingo 28 disputouse este torneo nun ambiente familiar e distendido. O domingo celebráronse as finais e a posterior entrega de trofeos e sorteo de agasallos doados polos colaboradores do torneo, cunha gran afluencia de público, que animaron os partidos durante todo o fin de semana.
Desde a organización sinalan que “os partidos máis rifados, como non podería ser doutra forma, foron as semifinais e final, onde se viron grandes puntos e saltaron os aplausos do público presente, o cal indica a enorme igualdade e competencia que actualmente obsérvase nun deporte como é o pádel”.
Por categorías os resultados do I Torneo de Pádel Serviocio foron os seguintes:
1ª MASCULINA
1º.- CORA-CARRICOBA
2º.- GONZALO-CARLOS
3º.- DIEGO REY-SUSO HERRERA
2ª MASCULINA
1º.- SERGIO-ÁLVARO
2º.- ÁNGEL-JAVIER
3º.- SIERRA-LUIS
FEMININA
1ª.- PATRICIA-CRISTINA
2ª.- BEA-LARA
3ª.- MAYTE-YOLI
MIXTO
1º.- BEA-PATXI
2º.- PATRICIA-MARCOS
3º.- CARLA-JOSEBA
A organización do I Torneo de Pádel Serviocio agradece “o fundamental apoio dos patrocinadores, ao numeroso público a súa asistencia aos partidos disputados, así como a todos os xogadores e xogadoras que participaron neste torneo”.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
