O grupo municipal de iVi, insta ó goberno de Viveiro a solicitar zonas alternativas de aparcamento debido ó peche parcial do muelle de Viveiro, polas obras que se están acometendo para o derribo de varias naves, que “creemos van a un ritmo bastante lento”, dada a afluenza masiva de persoas que visitarán Viveiro nesta época do ano. Por iso propón que o consistorio viveirense solicite a Portos de Galicia e á concesionaria, a zona contigua á avda Ramón Canosa do porto deportivo, para que se poida utilizar como aparcamento ata que rematen as obras do muelle de Viveiro. Así mesmo, tamén, fan extensiva a petición ó Casino de Viveiro, para que neste período se poida facer uso da súa zona de aparcamento, polo menos en horario diurno.
iVi tamén preguntará no vindeiro pleno se houbo resposta da tesourería xeral da seguridade social sobre a reversión ó concello do terreo na zona de Lodeiro, colindante co edifico de correos, demanda efectuada fai bastante tempo, o que se encontra nunha situación lamentable, cheo de socavóns e charcas.