A Mariña, 17 de decembro de 2014.- A Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados debatía este mércores ás catro da tarde por medio da deputada nacionalista Rosana Pérez unha iniciativa que insta a abrir negociacións con Alcoa a oito anos do remate da concesión de uso exclusivo do porto de Morás. Para o BNG a apertura do dique norte permite compatibilizar usos comercias co dique sur usado pola multinacional. Neste sentido lembran que o BNG repite o impulso desta infraestrutura tendo en conta a súa función estratéxica para o futuro da comarca e que, mesmo sen ser posta en funcionamento, existen sectores produtivos na comarca que así o demandan. Non se entende, afirman desde o BNG, que o PSOE trate de emendar a nosa proposta cando xa fora votada favorabelmente por este grupo e polo PP en 2008 e lamentan que tanto un como outro grupo foran incapaces de mover un so dedo por avanzar neste obxectivo.
PSOE e PP deben aclararse sobre as súas apostas estratéxicas na comarca
Para o BNG “o PSOE xoga ao despiste e trata de desviar o debate importante sobre o seu papel neste asunto cunha emenda sen calado nin fundamento”, se queren incrementar os investimentos da Autoridade Portuaria Ferrol – San Cibrao, “que opten por crear unha autoridade portuaria propia na Mariña que sexa de competencia autonómica, o resto é marear a perdiz”. Para a portavoz comarcal nacionalista, Ana Ermida, “tanto PSOE como PP, teñen ocasión hoxe ás catro da tarde de decidir entre apostar por crear alternativas para o desenvolvemento futuro da comarca ou seguir dando paus de cego que non levan a ningures,”
Se hoxe se racha o consenso sobre o dique norte de Morás será responsabilidade do PSOE e do PP
A organización nacionalista mariñá lembra que arredor da apertura ao tráfico comercial do dique norte de Morás existen desde fai anos acordos unánimes das principais forzas políticas e sociais, sendo aprobadas iniciativas en concellos, deputación, parlamento galego e cortes do Estado. Se hoxe se racha ese consenso, a responsabilidade será unicamente do PSOE e do PP.

















O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.



