O derbi galego decantouse a favor do Santiago Futsal (3-2) nun partido no que o Burela Pescados Rubén mostrouse errático na definición. O duelo galaico, televisado en directo por Teledeporte, ofreceu un partido vibrante, de alta intensidade, con rápidas transicións e sen apenas tregua para o descanso. A gran actuación de ambos porteiros, Iker e Álex, evitou que o espectáculo rexistrase máis goles.
Dende o asubío inicial ambos contendentes amosaron a súa intención de ir a pola vitoria sen especulacións. Tras varios intercambios de avisos, chegou a primeira gran ocasión de Matamoros que rápidamente tivo resposta nunha contra local pero Álex gañou o duelo. Acto seguido Iago Míguez gozou dunha gran ocasión a porta baleira e, tras unha mínima tregua, chegou o 1-0 logrado por Quintela que definiu con clase para adiantar ao seu equipo. Sen tempo para a reacción chegou o 2-0 nunha rápida transición. Con este marcador, os compostelanos reforzaron a súa moral e erraron un doblepenalti pero o Burela Pescados Rubén reaccionou nos minutos finais asediando ao Santiago que tiña a Iker como protagonista evitando o gol burelés e tamén cometendo penalti sobre Chano no último minuto. Matamoros non perdoou a pena máxima e ao descanso chegouse co 2-1.
Na continuación a película mantivo o ritmo, por momentos frenético, con contragolpes contínuos e do mesmo xeito que no primeiro periodo o Santiago aproveitou mellor a súa oportunidade. Tras acariñar o empate por mediación de Antoñito, o Burela Pescados Rubén sufriu outro golpe co 3-1, tras un cornér que Tallón culminou no corazón do área. O Burela acusou o golpe durante uns momentos e no tramo final, minuto 35, apostou polo xogo de cinco que puxo en xaque o triunfo local. Chano conseguiu o 3-2 e a escasos segundos Antoñito tivo o empate pero o seu disparo non atopou a rede compostelana.
Ficha técnica
Santiago Futsal: Iker, Gallego, Hugo Sánchez, Chus, Quintela –cinco inicial-, Marcos Vara, Borja, Iván Rumbo, Pablo Tallón, Kike, Chino, Santi.
Burela Pescados Rubén: Alex, Carlitos, Matamoros, Helder –cinco inicial-, Iago Míguez, Ángel, Chano, Renato.
Goles: 1-0, m.12, Quintela; 2-0, m.13, Pablo Tallón; 2-1, m.20, Matamoros (pen.); 3-1, m.28, Iván Rumbo; 3-2, m.39, Chano.
Árbitros: Sanzol Goñi, Urdanoz Apetezguia. Mostraron cartulina amarilla a Iker, Hugo Sánchez y Borja en el Santiago. En el Burela a Helder.
Incidencias: Partido correspondente á xornada 13 de Primeira División LNFS, televisado en director por Teledeporte. Pavillón de Santa Isabel. 1.000 espectadores con presencia de afeccionados laranxas.






















A entidade, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación, organizará nas próximas semanas a XIII exposición Tal como eramos (28 de agosto), a proxección do filme Antes de nós (3 de setembro) e a homenaxe polo XXII cabodano de Manuel María (6 de setembro). A área de Cultura provincial reforza así o seu apoio continuado ao Iescha, referente na conservación e difusión da cultura galega e chairega.
No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
