Lourenzá, 12 de decembro de 2014. O Concello de Lourenzá organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, unha charla sobre reciclaxe e protección do medio ambiente baixo o título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos. A actividade levarase a cabo ás 20.00 horas no salón de actos da Casa do Concello e contará coa presenza de técnicos de SOGAMA. Con esta iniciativa o Concello espera concienciar aos veciños sobre como reciclar correctamente cada produto de cara ao aumento de consumo que traen consigo as compras de Nadal.
A alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, explicou que “a charla do mes de decembro será o vindeiro martes 16 ás 8 da tarde no salón de actos da Casa do Concello. A charla deste mes consideramos oportuno facela sobre a reciclaxe, posto que é un mes no que se incrementa bastante o consumo e se xera, por tanto, máis lixo. A actividade levará por título Separemos ben, reciclaremos mellor. Non rompas o esforzo de todos e está impartida por persoal do SOGAMA. A finalidade é incidir directamente nos nosos veciños para que se comprenda a importancia de mellorar a clasificación dos residuos que se xeran en todas as casas. Así, desta forma, o que buscamos é un obxectivo clave, que é dalgunha maneira reducir os impropios que temos nos colectores amarelos de envases lixeiros e saber que non todo ten porque ir ao colector verde, senón que hai formas de reciclar, conseguindo desta maneira beneficios ambientais e tamén, por suposto, económicos para o Concello”.
A responsable municipal aclarou que “dende o Concello pareceunos oportuno facer esta charla nesta época debido a que se incrementa o lixo producido nas vivendas e, sobre todo, tendo en conta que posiblemente nestas datas se consumen máis botellas de cristal que noutras datas do ano. Por ese motivo é moi importante que esas botellas vaian a parar ao colector de reciclado de vidro e por iso queremos que a xente teña fresca esta charla de cara ás próximas datas de Nadal. Durante o acto repartiremos unhas corenta bolsas de rafia entre tódolos asistentes, de xeito gratuíto ata acabar coas existencias. Estas bolsas levan como obxectivo facilitar a reciclaxe tanto de vidro como de papel ou envases lixeiros. Consideramos que se trata dunha charla moi importante e gustaríanos que acudise o maior número de veciños posible co fin de concienciarnos un pouquiño mellor en reciclar e axudar a manter o noso medio ambiente.”



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



