Mondoñedo (Lugo), 4 de decembro de 2014.- O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, anunciou esta tarde que o seu departamento ten previsto realizar novas actuacións para a restauración das vidreiras e da portada occidental da Catedral de Mondoñedo, o que suporá un investimento de máis de 60.000 euros. As obras están neste momento en fase de adxudicación, polo que poderían iniciarse no primeiro semestre de 2015. Na súa visita ao templo o conselleiro estivo acompañado polo deán da Catedral, Enrique Cal Pardo; polo alcalde de Mondoñedo, Orlando González; pola delegada da Xunta en Lugo; Raquel Arias; polo secretario xeral técnico da Consellería, Jesús Oitavén; polo bispo da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Manuel Sánchez Monge; e polo responsable de Patrimonio da Diocese, Félix Villares.
Segundo explicou o conselleiro as obras previstas irán dirixidas a resolver as patoloxías que presenta a portada occidental do templo a través da restauración deste conxunto pétreo, así como a restaurar a pintura mural do tímpano da mesma. Para iso elaboraranse mapas de estado de conservación, controis temporais de temperatura e humidade e análises específicas. Unha vez finalizadas estas probas e as correspondentes preconsolidacións procederase á eliminación de depósitos superficiais, pechado de fisuras e gretas, saneado e selado de xuntas, selado de xuntas e diversas tarefas de limpeza. Así mesmo, reporanse os volumes perdidos e elementos desprendidos ou fracturados, e procederase á consolidación e fixación de soporte, morteiros e posibles policromías no caso da portada; e de estucado, consolidación e fixación da capa pictórica no caso da pintura mural.
No caso das vidreiras , e unha vez finalizada a fase de ensaios e toma de datos previa, apearanse os paneis para limpalos e sanealos. Ademais, revisarase e consolidarase a rede de chumbo na que se sustentan os cristais, elaboraranse novos paneis para substituír aos deteriorados, e realizarase un control de microorganismos antes da reinstalación da vidreira. As melloras inclúen, en ambos os casos, a elaboración dun plan de mantemento e conservación preventiva.
O conselleiro sinalou este investimento como unha mostra máis do compromiso do seu departamento coa conservación dos elementos máis senlleiros do noso Patrimonio Cultural, “representados en xoias coma esta Catedral do século XIII”.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



