As seleccións benxamín, alevín e infantil da Mariña desprazábanse o sábado 6 de decembro a Chantada para medirse á selección de Lugo Sur onde lograron vencer os benxamíns e alevíns, mentres que os infantís caían ante os do sur da procincia.
Zona Sur – A Mariña
Benxamíns: LUGO SUR 1 – A MARIÑA 5
Infantís: LUGO SUR 8 – A MARIÑA 2
Alevíns: LUGO SUR 1 – A MARIÑA 2
A Mariña – Lugo – Terra Chá
O luns 8 de decembro os pavillóns de Outeiro de Rei e Castro Ribeiras do Lea acolleron os encontros entre a zona de Lugo, A Mariña e a Terra Chá.
Infantil: A MARIÑA 0 – TERRA CHÁ 2
Benxamín: A MARIÑA 2 – LUGO 5
Cadetes: A MARIÑA 3 – LUGO 5
Alevín: A MARIÑA 8 – TERRA CHÁ 5
Infantil: LUGO 4 – A MARIÑA 1
Benxamín: A MARIÑA 2 – TERRA CHÁ 5
Cadetes: A MARIÑA 4 – TERRA CHÁ 1
Alevín: LUGO 6 – A MARIÑA 2
A fase final será o domingo 21 de decembro en Santiago.
Ningunha selección se clasificou como primeira de grupo. A única que ten opcións son os alevíns. Ó gañar dous partidos ten opción a clasificarse como mellor segundo.
Os partidos entre Lugo – Lugo Sur e Terra Chá – Lugo Sur celebraranse este venres 12 e o domingo 14 de decembro.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
