Ribadeo, 22 de decembro de 2014. Os orzamentos municipais do Concello para o vindeiro ano, que se someterán a aprobación mañá, ascenden a máis de 9 millóns de euros, o que supón un incremento do 6’5% con respecto aos de 2014. A inversións destínanse 1.790.000 euros. O alcalde, Fernando Suárez Barcia, considera que son uns presupostos ben feitos e planificados con tempo.
O rexedor explicou que “con moita satisfacción presentamos estes orzamentos para o ano que ven, para o 2015, e facémolo por moitos motivos. Primeiro porque vai ser a primeira vez na historia na que se presenten no Concello de Ribadeo uns orzamentos no ano anterior a que cobren vixencia. Sempre se foron facendo no mesmo ano e con certo retraso, independentemente de quen gobernase, incluso nosoutros. Pero neste ano ímolo facer como marca o rigor legal, que é sempre no ano anterior. Por outra banda, debemos dicir que teñen un substancial incremento con respecto ao ano 2014, concretamente uns 560.000 euros máis, chegando neste ano aos 9.081.000 euros. O que supón un incremento do 6,5%”.
Suárez Barcia subliñou que “estes presupostos rexistran un maior incremento do presuposto para gasto social cun incremento nas partidas de emerxencia social dun 10%, cun incremento das partidas para servizos de dependencia dun 12%, e ao mesmo tempo, cunha inversión moi importante. Nesta inversión, contémplase unha anualidade moi importante da residencia de maiores, da parte da Deputación loxicamente, pero tamén hai unha consignación para que o Concello se faga cargo desta parte que lamentablemente, e de maneira moi indigna, a día de hoxe seguimos sen saber nada por parte da Xunta de Galicia. Aquela parte pequeniña que estaba disposta a poñer, de momento nin está, nin sequera se pode dicir que se lle espera. Agardemos que entre en razón a Xunta e os seus responsables políticos, porque lamentamos que por unha cuestión política non estean aportando o compromiso que tiveron diante de tódolos portavoces, do alcalde, e dos representantes das asociacións de veciños”. E engadiu: “pero máis aló desa previsión que nós facemos como Concello, en lugar da Xunta por si acaso, tivemos que implementar unha serie de inversións coma son: uns 175.000 euros de fondos propios para actuar en rúas, uns 125.000 euros para actuar en camiños, uns 190.000 euros para actuar en parques e uns 50.000 euros para actuar en saneamentos, así coma unha serie de inversións máis coma as expropiacións dos terreos para prolongar a senda costeira que queremos facer pola banda da ría de Ribadeo, así coma tamén outras partidas polos danos causados polas choivas destes últimos días, polas inundacións, sen prexuízo de que outras administracións tamén poidan poñer o seu graíño de area”.
O alcalde ribadense indicou que “en total de inversión real para este ano a cifra é de 1.790.000 euros, o que supón un 20% do orzamento que son uns porcentaxes que non se ven dende fai moitos anos. Ao mesmo tempo que dicimos todo isto, tamén temos que dicir que non se subiron para nada nin as taxas nin os impostos. Si é certo que aforramos unha parte importante nos tipos de xuro e nos tipos de interese, por unha banda porque cada vez debemos menos, e pola outra porque o tipo de xuro agora é menor e danos un certo marxe para potenciar as inversións. Por tanto, confío e desexo que este orzamento sexa do agrado de todos, non só do goberno, senón de todo o resto da Corporación e da oposición, e a ver se finalmente o poden votar a favor porque entendemos que é un presuposto moi ben feito, moi ben planificado, feito con rigor, con tempo, e previndo moitas das cousas que os veciños sempre agradecen”.
O pleno no que se aprobarán os orzamentos de 2015 será mañá, martes, ás 19 horas.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



