Cervo, 26 de decembro de 2014- O Concello de Cervo entregou as axudas ao transporte escolar a un total de 29 mozos e mozas. Todos eles cumprían cos requisitos das bases, entre eles estar cursando estudos que non se impartan en centros do municipio, non superar un determinado nivel de ingresos ou ser menor de 30 anos. En canto ás contías, cada un deles recibiu 200 euros para sufragar parte dos gastos de desprazamento aos seus centros de estudo.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e a edil de Educación, Pilar Armada, fixeron entrega destes cheques aos alumnos nun acto que tivo lugar na Casa do Concello. Unhas axudas que se unen ás outras liñas de apoio á educación que ten activas o goberno local e que xa se repartiron ao longo das últimas semanas. Un exemplo son as subvencións ás entidades educativas, como é o caso dos colexios e institutos, e das ANPAS. Pero tamén hai outras axudas para as familias, como as de material escolar e libros para segundo ciclo de infantil.
Desta maneira, o Concello mantén o seu compromiso con todos os colectivos implicados na educación dos cervenses co obxectivo de “colaborar con todos eles na dinamización e mellora do ensino, complementando as accións das entidades e axudando ás familias á hora de afrontar os gastos derivados da formación dos seus fillos”, asegura Armada.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



