A Xunta de Goberno ratificou un novo investimento de 235.000 euros para rematar as obras na estrada 5501, do Marco de Álvare ás Rodrigas, en Riotorto. O tamén Deputado de Xestión Territorial lembrou que estes traballos tiveron que ser paralizados temporalmente ante as dificultades de actuar nun treito de 140 metros con vivendas nas súas inmediacións.
Martínez indicou que a primeira solución plantexada foi desviar o trazado da zona, levándoo a outra, na que sería necesario realizar voladuras para acondicionar o terreo polo que pasaría a nova estrada. “Finalmente, descartamos esta opción por varios motivos: por seguridade, posto que as voladuras poderían provocar a inestabilidade dos terreos e aumentar o perigo potencial para as vivendas; por tempo, xa que para empregar explosivos necesitaríamos do permiso legal e imprescindible da Xunta de Galicia, e xa tivemos que esperar máis de 2 anos a que nos concedese os terreos expropiados para poder iniciar estas obras; e por custe, posto que desviar o trazado conlevaría actuacións cun custe desmesurado de 1 millón de euros”, subliñou.
O voceiro explicou que se barallaron outras posibilidades técnicas, como a instalación de pivotes subterráneos de 15 a 20 metros ou construír un muro de formigón para imposibilitar o deslizamento do terreo. “Ambas as dúas posibilidades non eran 100% seguras e supoñían un custe desmesurado de 1 millóns de euros. Por todo isto, acordamos manter o trazado actual da estrada neste treito de 140 metros e executar traballos de recheo do terreo para impedir o deslizamento da ladeira”, explicou.
7 de xaneiro
“Aprobado definitivamente este venres este novo investimento e atopada unha solución alternativa ás voladuras, para as que eran necesarias a colaboración sempre nula da Xunta, o vindeiro mércores, 7 de xaneiro, retomaremos as obras na estrada do Marco de Álvare ás Rodrigas. A previsión é rematalas en dous meses, sempre que as condicións climatolóxicas permitan o secado da zahorra e aplicar o aglomerado”, avanzou o Deputado.
1,6 millóns de euros
“En total, facemos un esforzo inversor de máis de 1,6 millóns de euros no arranxo desta estrada (1.235.000 euros nas obras e 400.000 euros nas expropiacións de 200 fincas). Facémolo en resposta ás xa históricas demandas dos veciños da zona, que levan décadas reclamando a mellora da que é o principal acceso á N-640, a estrada que une esta zona da Mariña coa capital luguesa. A pesares de todas as dificultades (problemas económicos da anterior adxudicataria, espera de 2 anos polas expropiacións da Xunta, manipulacións e mentiras do Partido Popular, a quen non lle interesa que rematemos as obras…), este Goberno Provincial finalizará estas actuacións e cumprirá coa palabra dada aos veciños”.
As obras están moi avanzadas, posto que, xunto cos traballos neste treito de 140 metros, só quedaría aplicar o aglomerado en quente no seu conxunto, isto é, nos preto de 6 quilómetros no que se está a actuar, que son dende o 0,000 ao 5,800, ademais da sinalización. Todo isto logo de mellorar o trazado co seu ensanche ata os 8 metros e eliminar curvas.





















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



