O Burela FS Pescados Rubén perdeu este sábado os tres puntos ante o líder (1-3). Logo dunha primeira parte na que as laranxas dominaron con velocidade e ritmo, o Atlético de Madrid Navalcarnero deu a volta ao 1-0 con dobre diana en tan só 20 segundos.
As pupilas plantábanse no seu mausoleo con máis enerxía ca nunca e ganas, moitas ganas, de gol. Aos 30 segundos de xogo, Maite xa levantou á afección laranxa nun disparo que se marchou rozando en paralelo a liña de meta. A capitá local asistiu a Peque, no minuto 3, nun man a man con Belén no que non saíu vitoriosa a laranxa; con todo, tan só un minuto despois Gaby si adiantou as de Quico, a pase de Peque. O monólogo local continuou no minuto 6 con Bea Mateos en carreira e disparo de Lara ao pau desde pase longo de Jozi. Ro intentou sorprender por abaixo á meta burelista no 8, na primeira ocasión perigosa das madrileñas. Superado o ecuador da primeira parte, Claudia, con despexe de Ju Delgado, e Shio, desde saque de esquina, tamén tiveron magníficas oportunidades de ampliar distancias. A falta de catro minutos para a bucina, Ariane tivo nos seus pés o empate, logo de superar Ro a defensa laranxa.
Tras o descanso o encontro adquiriu máis equilibrio entre ambas as escuadras. As burelistas non cesaron no seu empeño de perforar a meta visitante, aínda que as súas chegadas reducíronse. Despois da primeira ocasión das laranxas na segunda parte, de Shiori no minuto 23, fronte a Belén, a porteira madrileña freou a Maite no 25. Segundos antes, Leti tivo unha oportunidade de ouro para igualar a contenda, desbaratada primeiro por Jozi e despois por Maite. No 27, o disparo de Gaby desde córner marchouse alto. Rozando o ecuador a eficacia do líder fíxose patente e materializou por partida dobre en tan só 20 segundos, de Ariane desde saque de esquina de Natalia (minuto 29) e Leti en xogada individual desde a frontal (minuto 30) que non puido parar Jozi. Intensificaron o seu ataque as visitantes o seu perigo, coa atenta intervención da brasileira baixo os paus, fronte a Martica (minuto 31) e Leti (minuto 34); aínda que tamén puido recortar Gaby, no 36, á escuadra. A falta de pouco máis de tres minutos para o final, Quico Otero optou polo xogo de cinco con Shio; un minuto despois, Ariane subiu o definitivo 1-3 a porta baleira, superando a defensa laranxa. Antes de concluír a contenda do podio, Gaby aínda dispuxo dun bo disparo que despexou Belén.
Aínda queda moita liga por diante. A obriga do Burela FS Pescados Rubén segue sendo gañar e gañar.
Ficha técnica
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Peque, Maite, Shiori, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Bea Mateos, Lara
Atlético de Madrid Navalcarnero: Belén, Ariane, Ju Delgado, Leti, Natalia, cinco inicial; tamén xogaron Ro, Peke, Martika, Fabi
Goles: 1-0, minuto 4, Gaby; 1-1, minuto 29, Ariane; 1-2, minuto 30, Leti; 1-3, minuto 37, Ariane
Tarxetas: Por Burela FS amarela a Gaby (minuto 28).Polo Atlético de Madrid amarela a Leti (minuto 26).
Árbitros: Roldán Pérez // Otero Baltasar (Pontevedra).
Incidencias: Partido correspondente á 16ª xornada de Primeira División RFEF, coa presenza do seleccionador nacional, Venancio López. Vista Alegre con arredor de 700 espectadores.
*Foto: Marián García Mesa.




















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
