Lourenzá, 14 de xaneiro de 2015. A Biblioteca Pública Municipal Juana de Ibarbourou de Lourenzá fixo público este mércores o listado de nenos e nenas que resultaron premiados na fase local do certame de Poesía de Nadal 2014. Todos eles recibirán os agasallos pertinentes nun acto de entrega que se celebrará na última semana deste mes, á espera de que se concrete nos próximos días a data, a hora e o lugar elixidos. Os seleccionados participarán ademais nas vindeiras semanas na fase provincial deste certame de poesía anual. No concurso establecéronse tres categorías, resultando Cristina Sardina Neira gañadora da categoría A (ata 8 anos), Antía Lillo Irimia gañadora da categoría B (de 9 a 11 anos) e quedando deserta a terceira categoría C (de 12 a 16 anos) ao non presentarse ningún traballo a concurso.
Os premios na categoría A completáronse cun segundo recoñecemento para Raúl López Alfonso e un terceiro a Noa Valiña Ginzo. Na categoría B resultaron tamén seleccionados os poemas de Claudia Carril Cabaleiro, en segundo lugar, e Safae Tazaghart en terceiro posto. A concelleira de Cultura de Lourenzá, Lupe Flórez Seivane, agradeceu “a participación a tódolos nenos que decidiron presentar os seus traballos e desexoulles sorte na fase provincial aos que resultaron seleccionados nesta edición”.






















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



