A comisión de listas de ‘Foz, Plataforma de Futuro’, despois de reunirse este domingo 11 de xaneiro para comprobar toda a documentación ó respecto da presentación de candidaturas para encabezar a lista ás vindeiras eleccións municipais, explica que “hai presentada unha soa candidatura, e coa documentación correcta; a do veciño Luís Alfonso Sixto Legaspi”.
A partires deste momento empeza un novo proceso como estaba estipulado para a votación e refrendo deste compañeiro por parte dos seguidores da plataforma veciñal.
PROCESO ELECCIÓN DE CANDIDATO/A
– Os candidatos terán dende o luns 12 ate o domingo 18, para facer campaña e falar con os seguidores; fixando a data do sábado 17 as 18.00 horas, para que todos comparezan no local de FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO, para expoñer a os seguidores as súas propostas.
PROCESO DE VOTACIÓN
– O venres 9 de xaneiro, pecharanse as listas de seguidores, que terán dereito a voto, entregandose unha copia a comisión que velará todo o proceso de votación.
– Cada seguidor poderá exercer o seu dereito o voto dende as cero horas do día 19, ata as vinte e catro horas do día 22.
– Cada seguidor poderá exercer o seu dereito o voto, unha sola vez.
– FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO, elaborará as papeletas de cada candidato, (de cada candidato elaborará tantas papeletas como seguidores figuren no censo pechado con data 09 de xaneiro) e remitirá as correspondentes papeletas, a todos os seus seguidores.
Votación en urna
Todos aqueles que desexen votar en urna poderán facelo o martes 20, e o xoves 22, en horario de 17 horas ate as 20.00 horas no local social sito en:
Cl Alvaro Cunqueiro Nº 3 – Entlo E
27780 – FOZ
Exerceran o seu dereito a voto, presentando o seu D.N.I., e sempre que estén inscritos no censo de seguidores pechado a data 12 de xaneiro.
Votación por correo
Todos aqueles de desexen votar por correo deberán enviar a papeleta do candidato que elixan, xunto con unha copia do seu DNI, antes do 20 de xaneiro o seguinte enderezo:
FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO
Cl Alvaro Cunqueiro Nº3- entlo E
27780 – FOZ
Votación por vía telemática
Calquer seguidor pode exercer o seu dereito a voto, dende a páxina:
Seguindo os pasos que se especifican no espazo habilitado para a votación.
RECONTO
– O reconto será feito pola comisión electoral o venres 23 e no mesmo deberán estar presentes todos os candidatos que concorreron as primarias.
– A comisión revisará primeiro cada un dos votos emitidos por vía telemática, logo incorporará a urna os emitidos por correo.
– Se un mesmo seguidor vota en urna e por vía telemática, será anulado o voto por vía telemática.
– Se un mesmo seguidor vota en urna e por correo, será anulado o voto por correo.
– Se un mesmo seguidor vota por correo e por vía telemática, será anulado o voto por correo.
Unha vez rematado o reconto a Comisión levantará acta e entregará unha copia da mesma a cada candidato e outra ó portavoz de FOZ, PLATAFORMA DE FUTURO.
A proclamación do candidato proclamarase este mesmo día.



















Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.
A actividade, dirixida pola especialista Nuria Torrado, ofreceu ás crianzas un espazo para desfrutar, moverse, xogar e aprender a conectar co seu corpo e coa respiración mediante exercicios e dinámicas adaptadas ás súas idades. No último día, a rexedora Dolores García Caramés achegouse para compartir un anaco cos participantes, escoitar as súas impresións e agradecer o traballo da monitora, incluso sumándose a algunhas das actividades. A proposta pecha cun moi bo sabor de boca, como unha experiencia para aprender, divertirse e medrar en movemento.
Ao longo destas semanas, arredor de 20 nenos e nenas iniciáronse e melloraron as súas habilidades neste deporte, desfrutando do exercicio, aprendendo e pasándoo en grande. O Concello agradece a participación da rapazada e o apoio das familias, e reafirma a súa aposta polo deporte e por ofrecer alternativas de ocio activo para os máis pequenos. A actividade estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Trátase dun espazo seguro, educativo e dinámico, no que os máis pequenos poden comezar o día antes da entrada ás aulas. As solicitudes poden presentarse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura, e o servizo comezará o 9 de setembro. Cervo Madruga, un programa pensado para seguir apoiando ás familias do municipio.
A festa, organizada pola Asociación Alameda co apoio do Concello de El Franco, inclúe unha mesa redonda o venres 28 en El Fornello e, xa o sábado, un taller de baile infantil ás 21:00 h seguido das actuacións de El Cabazo, Herbamora, Dervish, Felpeyu e Ochobre. El Franco destaca o valor desta tradición e anima a veciños e visitantes a participar nun evento que leva máis de catro décadas celebrando música, baile e patrimonio cultural.