Barreiros, 31 de xaneiro de 2015. O BNG comezará o vindeiro luns con unha rolda de reunións nas parroquias do interior do concello para coñecer as necesidades das veciñas e veciños e recoller as propostas que poidan incluír no programa electoral para as eleccións municipais de maio.
A formación nacionalista considera que é urxente atender as necesidades das persoas que viven nestas parroquias, que son sempre esquecidas polo goberno municipal do PP e que só se igualan ao resto do concello para as obrigas, sen que teñan os mesmos dereitos. A portavoz municipal do BNG, Ana Ermida, sinala que “as parroquias que non son costeiras teñen moitísimas máis carencias ca estas. En servizos, como o saneamento ou a recollida de lixo, pero tamén en atencións, como o mantemento das estradas e camiños ou dos seus locais sociais”, explica.
“Desde o BNG cremos que quen mellor sabe das necesidade das parroquias é quen vive nelas cada día e se atopa con problemas e dificultades que non son atendidas”, asegura Ana Ermida. “Por iso nos queremos achegarnos a todas as parroquias, falar directamente coa xente e escoitar as súas preocupacións e demandas, e tamén trasladarlles as nosas alternativas, para que entre todas e todos poidamos determinar mellor que precisa Barreiros.”
Tras a negativa do Partido Popular a acordar iniciar con urxencia os trámites para dotar de saneamento as parroquias do interior do concello, as veciñas e veciños amosaron o seu malestar, ao considerar que “o concello discrimina ás persoas en función de onde vivan.”
Fronte a ese modo de actuar, o BNG aposta por escoitar as súas inquedanzas e incluír as súas demandas entre as propostas de futuro que precisa Barreiros. A primeira cita terá lugar o vindeiro luns, 2 de febreiro, ás 21 horas no centro social de Cabarcos. Achegaranse a Vilamartín grande o mércores 4 de febreiro e, na seguinte semana, xuntaranse en San Xusto e Vilamar.
Desde o BNG fan un chamamento a que “a xente participe, trasladando os seus problemas, necesidade e tamén ideas para mellorar a calidade de vida destas veciñas e veciños que non poden ser tratados de diferente xeito por vivir nunha zona ou outra do concello, como está a pasar actualmente co goberno do Partido Popular”.

















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



