O Burela FS Pescados Rubén pechou este sábado os desprazamentos da primeira volta con 3 puntos na pista do Ordizia (0-3), nunha cita na que mantivo sempre o control do partido. Aínda que ás laranxas faltoulles acerto para finalizar as numerosas chegadas das que dispuxeron, os goles de Bea Mateos, na primeira parte, e de Gaby e Maite, na segunda, foron máis que suficientes para outorgarlles o triunfo ás de Quico Otero.
Na primeira parte, o dominio foi de cor laranxa, ante un equipo local que se limitou a esperar en media pista, ante o monólogo burelista. Bea Mateos adiantou ás galegas no minuto 15, desde o centro do área. Tralo descanso o Ordizia incrementou a súa presión e o Burela FS, con catro faltas xa no minuto 25, soubo conterse. No 29, Gaby ampliou distancias, tras recoller no área un pase de Peque que culminou a brasileira de tacón. Sobre o minuto 33 as vascas intentaron a remontada con porteira xogadora pero tras dúas tentativas de ataque desistiron. Recuperaron o xogo de cinco nos últimos catro minutos sen éxito; foi precisamente con ataque de cinco, no 38, cando Maite aproveitou para anotar o definitivo 0-3 desde a pista laranxa, a porta baleira.
Ficha técnica
Ordizia KE: Sarah, Ainara, Maite, Irati, Itzi, cinco inicial; tamén xogaron Oli, Anna Riera, Ane, Miriam, Itsaso.
Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Maite, Shiori, Kiko, cinco inicial; tamén xogaron Gaby, Lara, Bea Mateos, Taina.
Goles: 0-1, minuto 15, Bea Mateos; 0-2, minuto 29, Gaby; 0-3, minuto 38, Maite
Tarxetas: Por Ordizia amarela a Oli (minuto 6), Anna Riera (minuto 34), Ainara (minuto 36). Por Burela amarela a Peque (minuto 23).
Árbitros: Río Sierra // Pérez Sabina (Vitoria)
Incidencias: Partido correspondente á 14ª xornada d Primeira División RFEF.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
