Foz, 22 de xaneiro de 2015.- O Concello de Foz acaba de presentar un ciclo de teatro infantil para o primeiro semestre deste ano 2015. Comezará este sábado, 24 de xaneiro, coa escenificación da obra O príncipe e o parrulo da compañía Eme2 emoción&arte. A ela sucederanlle as representacións das obras Rumpelstikin / O anano saltarín, o 7 de marzo; O último dragón, o 11 de abril; e A nena e o grilo, o 9 de maio. Tódalas funcións terán lugar na Sala Bahía a partir das 18:00 horas e as entradas custarán 2,50 euros para adultos e 1,50 euros para menores de 12 anos.
O concelleiro de Cultura de Foz, Ánxel Paleo Soto, explicou que “a programación dará comezo este próximo sábado, día 24, coa obra O príncipe e o parrulo, da compañía Eme2 emoción&arte, que conta a historia de dúas personaxes que descobren o divertido que é compartir cousas coma xogar, falar e decatarse do que é ter un amigo. O sábado 7 de marzo, a compañía Trompicallo tráenos a obra Rumpelstikin / O anano saltarín, que nos conta a pobreza que sufre un pobo despois dun ano malo de colleitas e de pagar os impostos ao seu rei. Xa o sábado 11 de abril, Sarabela Teatro achéganos a comedia O último dragón, que narra a historia do último dragón cunha princesa e un neno onde os tres dan forma a unha historia de amizade. Para rematar o semestre, o sábado 9 de maio teremos unha representación musical titulada A nena e o Grilo no país das apertas, unha obra que trata de achegar aos rapaces contos a través de cancións ao fío da amizade dunha nena e un grilo”.
Ánxel Paleo aclarou que “todas estas obras representaranse na Sala Bahía a partir das 18:00 horas da tarde e estarán dedicadas ao público infantil. Con elas tratamos de achegar aos rapaces sobre todo o que é a amizade e o esforzo na nosa vida. A entrada terá un pequeno custe de 2,50 euros para o público en xeral e de 1,50 euros para os menores de 12 anos. Dende o Concello esperamos que os veciños gocen destas obras”.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



