Ribadeo, 20 de xaneiro de 2015. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, denuncia o retraso que están a sufrir as autorizacións que a Dirección Xeral de Patrimonio debe emitir para que algúns particulares poidan acometer obras nas súas casas, situadas no Camiño Norte de peregrinación a Compostela. No 2014 foron solicitadas 118 autorizacións, das que aínda hai pendentes de resolver 14. O rexedor subliña que en moitos casos chegan ata os 4 meses de espera, algo que cualifica de inxusto. O Concello enviaralle un escrito a Patrimonio denunciando esta situación e demandando que axilicen ao máximo estes trámites.
Suárez Barcia dixo: “temos que falar dunha situación inxusta que se nos produce nos últimos tempos, sobre todo cando á administración autonómica e á do Estado se lles enche a boca falando de axilizar a administración e facela moito máis alcanzable, logrando que os trámites duren moito menos tempo. Mentres, nós vemos como a xente que vive no casco vello ou nas parroquias por onde pasa o Camiño Norte de Santiago, que queren facer obras e que polo tanto teñen que ter permiso previo de Patrimonio antes de que o Concello outorgue a licenza de obra, ven demorado este proceso moitísimo no tempo, e nos últimos meses moito máis”. Segundo o alcalde ribadense “calquera expediente que teña que ir á Dirección Xeral de Patrimonio a Santiago, conta cun tempo de espera para que emitan un informe que se está achegando polo menos aos catro meses, cifras que son imposibles de crer hoxe en día, no 2015, con tanta informatización. Ata tal punto, que cando dende o propio Concello chamamos aos técnicos, o que nos din é que están desbordados, que non teñen xente e que dalgunha maneira fagamos o posible por protestar nos medios de comunicación para que se fagan cargo os responsables autonómicos porque isto non pode seguir así”.
O rexedor referiuse a casos concretos: “hai xente que está a esperar por lousar unha casa dende hai varios meses, e co que está a chover nestes últimos tempos…; hai xente que quere facer pequenas obras, ou non tan pequenas, pero que requiren informes de Patrimonio e teñen que esperar moitos meses antes de que o Concello poida sequera dar a licenza de obra porque coma é preceptivo ten que ter estes informes previos. E hai que recordar que Ribadeo non é calquera cousa”.
Fernando Suárez subliñou que “en Ribadeo no ano 2014 pedimos por casas, por hórreos, por rúas, etc… un total de 118 autorizacións a Patrimonio. Agora mesmo están pendentes de informe 14 delas dende hai tempo. Polo tanto, nós o que imos é a dirixirlles un escrito aos responsables da Dirección Xeral de Patrimonio no que lles pedimos que teñen que axilizar, porque aquí non se trata de que ninguén nos saltemos ningún paso, senón que temos que facer todo coma marca a norma. Pero é que a administración autonómica non está indo ao ritmo que demandamos os Concellos, especialmente Ribadeo”.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



