Xove, 22 de xaneiro de 2014.- O Instituto Galego de Vivenda e Solo ven de convocar as subvencións do Programa de axuda ao alugamento da vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.
Estas axudas van dirixidas a persoas maiores de idade titulares ou que están en condicións de subscribir un contrato de arrendamento de vivenda, que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia non superen os límites establecidos na convocatoria das axudas, que a renda de aluguer non supere, en ningún caso, os 600.-€ mensuais e, que todos os menbros da unidade de convivencia, acrediten que se atopan ao día nas súas obrigas tributarias.
O Departamento de Servizos Sociais do Concello de Xove ponse ao servizo dos seus veciños e veciñas para dar máis información e/ou para a tramitación destas axudas. Recordamos que o prazo remata o xoves 19 de febreiro (incluído o 19).