Lugo, 21 de xaneiro de 2015.- A Deputación de Lugo colabora coa Sociedad Española de Agricultura Ecolóxica para pór en marcha unha nova acción formativa sobre agroecoloxía, O manexo do solo e a fertilidade, que terá lugar os días 6 e 7 de febreiro na Escola Politécnica Superior de Lugo. A institución luguesa contribúe á celebración desta cita cunha achega económica de 2.800 euros, posto que se enmarca dentro da súa aposta pola agricultura ecolóxica como modelo de xestión do territorio, de conservación do rural lugués e de fixación de poboación, capaz de reinventarse e de contribuír á protección do patrimonio natural da provincia.
O seminario, con 50 prazas, e dirixido a técnicos, profesionais, estudantes do sector e público en xeral, ten como obxectivo afondar no coñecemento das bases ecolóxicas e fundamentos agronómicos, no coñecemento do solo, na conservación da biodiversidade e no manexo da vexetación adventicia; así como no aproveitamento de recursos locais e a relación dos animais coa fertilidade do solo.
O programa
Nestas xornadas formativas sobre o solo e a fertilidade ecolóxica, nas que tamén colabora o Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, recoñecidos expertos como os mestres da USC Xan Neiras, Elvira López e Marta Illera, así como asesores en agricultura ecolóxica, como Carlos Brea ou investigadores como Ramón Meco, abordarán temas como a relación do solo coa fertilidade, a conservación da biodiversidade, a calidade dos alimentos e a súa relación coa fertilización ou o manexo da fertilidade en hortos, cultivos de secaño, en hortos ecolóxicos e en praderías, entre outros. Actuacións musicais e unha cea ecolóxica complementan o programa deste seminario centrado na práctica da fertilización.
Inscricións e prazo
Os interesados poden inscribirse ata o 4 de febreiro na páxina web www.agroecologia.net onde atoparán máis información sobre datas, horarios ou prezo de matrícula.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



