Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 15. O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, José Ramón Val, presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para que o Goberno galego aplique ao Plan de xestión da sardiña as propostas da Comisión Sectorial do Cerco do Consello Galego de Pesca. Lembra que o PP se ten comprometido a defender estas propostas, sen que a día de hoxe conseguira modificar o dito Plan de xestión.
Así, Val reclama que se establezan topes diarios e paradas subvencionadas para a pesca de sardiña, así como a inclusión da coñecida como zona VIII b, nas mesmas restricións que o resto da flota do Estado e Portugal. Ata o momento, engadiu, tanto o PP como o goberno galego teñen acadado un “fracaso total e absoluto” á hora de cumprir con estes compromisos.
O deputado socialista sinala que a xestión do goberno está a permitir que cada vez se reduzan mais as posibilidades de pesca para a flota do cerco, nomeadamente en Galicia, onde 154 embarcacións traballaban na sardiña a comezos do pasado ano. O PP está a “castigar duramente” co seu desleixo a un sector, o da pesca, que ten perdido 5.000 traballadores e traballadoras dende 2009.
Censurou o trato discriminatorio con respecto á flota de Euskadi, exenta das restricións que afectan ao resto da Península e que en 2014 descargou tanta sardiña como o resto da flota do Estado e de Portugal xuntas. Naquela campaña capturaron 14.000 toneladas cunha facturación de mais de 10 millóns de euros, ao tempo que acumulan dereitos históricos de pesca para o futuro.
Esmola para o xeito
José Ramón Val criticou así o “fracaso absoluto sen paliativos” da xestión do PP, incapaz de manter os seus propios compromisos nin sequera co sector do xeito, inxustamente afectado polas restricións da UE contra esta arte tradicional absolutamente respectuosa co resto das especies.
A pesca do xeito contará cunha reserva de 200 toneladas anuais en total, o que en realidade resulta “unha esmola” que non garante en absoluto a súa continuidade e que evidencia que tanto o PP como os gobernos que defende “estanse a rir dunha arte de pesca “selectiva, centenaria e fráxil”, que abrangue a tan só 500 embarcacións situadas “na vía do exterminio”.





















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



