O Hotel Restaurante NORDÉS de Burela acollerá unha quedada branquiazul o venres 30 de xaneiro a partir das 20.30 horas para gozar do Rayo – Depor. Posteriormente, celebrarase unha cea entre tod@s @s soci@s da Peña Deportivista Burela ou simpatizantes. O prezo para soci@s será de 10 euros e para o resto de 25 euros. A organización agradecería que os participantes fosen “ataviados con símbolos deportivistas, camisetas do club ou da peña, bufanda… para logo poder sacar unha foto e inmortalizar o momento”. O prazo para anotarse remata o vindeiro xoves 29 ás 20.00 horass. Os interesados poden poñerse en contacto con Patxeco ou Javi Mogo ou a través da páxina de facebook da peña ou no correo deportivistaburela@hotmail.com.
Quedada branquiazul no Hotel Nordés
Quedada branquiazul no Hotel Nordés
Relacionado
-
Xa se coñecen os traballos que resultaron gañadores do certame de narración e debuxo infantil de Cervo convocado con motivo das Letras Galegas
-
Presentacion do libro “Ángeles Alvariño. Mi estela en los oceános” de Germán Castro Tomé
-
Este martes celebrouse cunha gran afluencia de público un novo “Arruguiñas falando”