Nada hai máis desolador e desesperante que ter dúas mans e unha cabeza hábiles para realizar un traballo e non ter onde poñelo en práctica. Asistir cada día á vista dun fogar que se desfai, uns fillos que emigran para facerse a vida dando o mellor da súa mocidade e terrible.
Unha ministra alemá dixo atopar na España unha mina de mozos ben preparados. E aquí neste puñetero norte nordesio e cheo de xeadas a tarefa primordial de cada mañá de moitos homes e mulleres é saír a buscar traballo, traballan máis buscando traballo que traballando propiamente, e encima teñen que leer ou escoltar a os portavoces dos empresarios que non queren traballar, só axudas; esas axudas imprescindibles para sobrevivir en terra de lobos, pero que minan o amor propio, a forza de vontade e a fe nun mesmo.
O liberalismo económico, fiel sirviente de bancos e grandes empresas, necesita man de obra barata, mellor escrava, a ti quéroche e a ti non, como nun mercado negreiro; Así teñen onde elixir as panzas recheas de chuletons e carísimo viños que só saben apreciar polo seu prezo.
“Os españois xa non teñen medo a perder o emprego ou a non atopalo”, para meterlle unha zapatilla suada na boca e apertar. E, logo, a inspección de traballo recibe instrucións de destapar os traballos negros, é dicir a do chapuzas que pinta a casa do veciño e gáñase uns eurillos para sobrevivir ata fin de mes, ou a do que fai un porte co seu furgo de ex ¬autónomo para pagar o recibo da hipoteca. E, que se atopan os inspectores, empresarios con traballadores sen dar de alta ou facendo xornadas maratonianas cun contrato de horas en grande e medianas empresas, calen, pase, faiganse os cegos, mudos e tontos.
Ese libertinaxe no mundo laboral é o que buscaban os grandes capitais e iso é o que lles facilitaron os gobernos conservadores europeos, o PP, no noso caso; cargar todo o peso nas costelas dos máis débiles, porque o máis débil non é o accionista dunha multinacional, nin o rico cada vez rico a costa da suor do pobre cada vez máis pobre. Volvemos empezar nunha roda sinfín de inxustiza social nunha terra capaz de dar para comer a todas as súas criaturas, pero vítima de hampones e avariciosos sen escrúpulos á hora de apropiarse do propio e do alleo, en forma, iso si, de leis que os acubillan. Traballo, traballo e cambio, por favor, pido ao novo ano, si e que podo pedir algo.
Otero Regal.