Tal e como avanzou este xoves a Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, a Xunta de Goberno aprobou obras de case 600.000 euros para a posta en valor do casco histórico de Viveiro. Por un lado, os traballos de mellora e dotación de servizos no treito comprendido entre a Avenida de Cervantes e a Praza Juan Donapetry, dotados de 470.000 euros. Tamén se adxudicaron as actuacións de dotación dun parque ambiental no paseo marítimo viveirense, por valor de 102.814 euros, cofinanciados nun 80% pola Unión Europea, posto que se inclúen no programa medioambiental Lug02. Estes dous proxectos complementan o plan de reordenación do tráfico, dotado de 185.000 euros, que se porá en marcha a vindeira semana. Con estas tres actuacións, son preto de 800.000 euros o investimento da Deputación na transformación de Viveiro
Outras das obras aprobadas na sesión deste venres son o arranxo de camiños na parroquia de Piñeira, en Monforte de Lemos, por valor de 30.000 euros; e para a rehabilitación dos locais anexos ao cemiterio de Corvelle, na Pastoriza, por valor de 45.000 euros.
Aforro enerxético
A Xunta de Goberno aprobou tamén este venres a adxudicación dos traballos de dotación e instalación dunha caldeira de biomasa no Consistorio de Rábade por valor de 30.000 euros, financiados nun 80% pola Unión Europea, posto que esta actuación se inclúe no Lug02, o programa medioambiental da Deputación. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que con este sistema conséguese reducir nun 40% os custos de calefacción deste Concello, ademais de evitar a emisión anual de 11,5 toneladas de CO2 á atmósfera.
Martínez subliñou que a este aforro en calefacción engádese a reducción de custos pola luz entre un 15% e un 35%, que conleva outro aforro en gastos correntes de case 5.000 euros, e que foi acadada a través do Plan Enerxético da Deputación, “que é totalmente gratuíto para os Concellos a diferenza da programación da Xunta”, remarcou o voceiro.
Mediante dito plan, o organismo provincial instalou en Rábade 600 novos componentes enerxéticos. Concretamente, situáronse 32 lámpadas led no alumeado público das rúas Gabriela Nieto Chaín, Miguel de Cervantes e López de Vega, coas que se consegue un aforro de 300 euros. Tamén se instalaron 294 barras de luz de baixo consumo no centro educativo, e outras 272 no Consistorio, coas que se reducen estes custos en 4.400 euros.























As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



