Lugo, 16 de febreiro de 2015.- A Deputación executará 69 obras nos Concellos con 2.973.223 euros do Plan de Obras e Servizos 2015, financiados en case un 65% polo organismo provincial, que achega 1.887.903 euros mentres os municipios adican 1.085.319 euros. “Garantimos a execución deste plan de obra pública nos Concellos, co que respondemos ás peticións que nos fixeron os veciños durante a elaboración dos Orzamentos Participativos, malia o financiamento cero do Goberno Central por 4º ano consecutivo”, remarcou o Presidente. Gómez Besteiro adiantou que o Pleno Provincial deste mes, que terá lugar o 24 de febreiro, aprobará a listaxe de actuacións
O POS contempla 4 obras en estradas provinciais de Cospeito, Negueira de Muñiz, Sober e Xermade. Son a CP-1701 de Feira do Monte a Muimenta, CP-3601 de Acebo a Negueira de Muñiz, CP-5904 de Sober por Gundivós a Vilachá e CP-2204 de Momán ás Pontes. Esta última é unha das actuacións que pediron os cidadáns na xuntanza participativa do partido xudicial de Vilalba e que se comprometeu a realizar a Deputación este ano. O presuposto para estes traballos é de 961.056 euros, financiados ao 100% polo organismo provincial.
Son 65 obras municipais noutros tantos Concellos, todos os da provincia, agás Trabada e Riotorto, que non quixeron sumarse ao POS. O orzamento para estas actuacións é duns 2 millóns de euros, financiados ao 50% por Deputación e Concellos. Os criterios aplicados para o reparto dos fondos entre os municipios son os mesmos que se veñen empregando dende 2008, de xeito que todos os Concellos reciben un mínimo de 10.000 euros. Para fixar esta cantidade, valórase nun 40% a poboación de cada municipio, nun 20% a súa superficie, nun 25% os núcleos de poboación e o 15% restante corresponde á carga fiscal.
Anteriormente, o Plan de Obras e Servizos estaba financiado nun 50% polo Executivo estatal, nun 25% polas Deputacións e nun 25% polos municipios. Foi así ata 2012, cando o actual Goberno central decidiu suprimir a achega estatal a esta programación, sendo a primeira vez na historia da democracia que acontecía isto.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



