Os ‘Almorzos On/Off’ da demarcación de Lugo do Colexio de Xornalistas, acolleron esta mañá un encontro coa titular do xulgado de Instrucción nº3 e de Violencia sobre a muller, Estela San José.
A maxistrada instrutora de casos tan mediáticos como a Operación Campeón ou a retirada de multas de tráfico, trasládase a un xulgado do penal de Huelva por “motivos persoais”, tras case dez anos en Lugo, segundo indicou no transcurso do encontro.
“Voume porque creo que para dedicarme ao cen por cen á violencia de xénero non estou nestes momentos nas mellores condicións e as vítimas de violencia machista merecen un xuíz forte, que no lle trema o pulso”, explicou e engadiu que tralo falecemento do seu pai deuse de conta que a vida é algo “máis que traballar, traballar e traballar”.
Estela San José alertou sobre a discriminación social que aínda sofren as mulleres e que condiciona a súa imaxe pública. “Se eu me chamase Manolo e tivese bigote non me terían pasado a metade de cousas que me pasaron”, porque se empregou “a miña condición de muller para o insulto, e fun considerada, en ocasións, menos capacitada polo mero feito de ser muller”. A maxistrada quixo deixar claro que a “toga non ten sexo e ti podes ser moi capaz ou moi incapaz sexas home ou muller”.
A titular do xulgado de Instrución nº3 e de Violencia sobre a muller dixo non arrepentirse de “nada do que teño feito en Lugo” e lamentou ser máis coñecida polos casos máis mediáticos que lle tocaron en sorte “ou en desgraza, non o sei, que á opinión pública lle puideron chamar máis a atención”, pero que non foron os que motivaron “a miña chegada aquí, nin a miña estancia, nin o meu desenvolvemento profesional”, subliñou.
Asegurou Estela San José que en ningún momento sentiu “presión” e preguntada por se haberá quen se alegre da súa marcha, respostou que “sempre me gustou que me consideren un ser excepcional. Xa me louvaron os políticos cando dixeron que Lugo era unha cidade normal que o único que non era normal eran as suízas. Eu a verdade, sentinme moi louvada”, dixo ironicamente.
A causa “máis complicada, desde punto de vista humano e xurídico” para Estela San José foi a morte de Montserrat Labrada. Trala súa investigación foi condenado o marido desta enfermeira luguesa.
A maxistrada reclamou máis medios para a loita contra a violencia machista porque é un tipo de delincuencia que require que as “capacidades do profesional que está a fronte do xulgado estean o 200%”. Tamén mostrou ó seu agradecemento aos seus compañeiros de xulgado polos que pon “a man no lume” porque deles “non saíu ningunha filtración”.
En canto ós casos que deixa pendentes recoñeceu que lle gustaría terminar algún aínda que non cre “que sexa factible”. Sobre o caso Campeón agarda que este ano se poida celebrar o xuízo pero comentou que xa “non depende do xulgado de Instrución”
Entre outras múltiples cuestións, tamén se pronunciou sobre o novo código penal que elabora o goberno que considera “moi duro”, pero no que ve “novidades favorables” como que se inclúa o “delito de acoso, que é algo que levamos reivindicando moitísimo os xuíces de violencia de xénero e de instrución en xeral”.
Almorzos ON/OFF
Os ‘Almorzos On/Off’ lévanse realizando desde febreiro de 2005, organizados polo CPXG en varias das súas demarcacións. Estes encontros cos xornalistas, que actualmente se realizan tamén en Santiago de Compostela e na Coruña, pretenden fomentar o diálogo e a análise da actualidade cos seus protagonistas.
O CPXG, entidade de dereito público creada pola lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, suma máis de 1.100 colexiados repartidos entre as sete demarcacións coas que conta. Entre os seus obxectivos figura en lugar destacado afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo o seu traballo, a defensa profesional dos seus membros e a garantía de independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.Lugo, 11 de febreiro de 2015.


















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



