A Xunta de Goberno deste venres aprobou as bases e o modelo de solicitude do plan de axudas de 2,2 millóns de euros en impulso do rural e do sector primario. Este sábado, publicaranse no Boletín Oficial da Provincia e o luns abrirase o prazo de solicitude, que será dun mes, é dicir, ata principios de marzo. En resposta ás peticións dos veciños nos Orzamentos Participativos da Deputación, o plan inclúe 7 liñas de axudas: recuperación de terras abandonas; peche de viñedos; reactivación da flota de baixura; produción de horta; dotación e mellora de traídas de auga; melloras e equipamento de centros sociais; e arranxo de camiños ou outros servizos de uso comunitario.
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, destacou que “son axudas para os veciños dos 67 Concellos da provincia, cuxos obxectivos son mellorar a calidade de vida da xente que vive no rural; apoiar económicamente actividades estratéxicos na provincia, como a agricultura, gandeiría, viticultura ou a pesca de baixura; contribuír á recuperación de poboación; crear emprego e aforrar custes aos Concellos”.
Martínez resaltou que “co fin de garantir que estas axudas sexan para quen realmente vive, traballa e crea emprego no campo e na pesca, dous dos requisitos para recibilas son: xustificar, achegando a declaración da renda, que os solicitantes dependen económicamente dos ingresos das actividades; e garantir que manterán en produción ou funcionamento os bens para os que se lles concede a subvención por un período de 5 anos”.
7 liñas de axudas
1.- Recuperación de terras abandonadas: A Deputación convoca por segundo ano estas axudas, que poden solicitar gandeiros e agricultores a título individual; agrupacións de produtores; SATs ou persoas xurídicas coa titularidade de explotacións, que dispoñan dun mínimo dunha hectárea de superficie, ben en réxime de propiedade, aluguer, ou froito dunha cesión ou doazón. Recuperarán as terras baldías con actividades agrícolas ou gandeiras. As plantacións forestais non están subvencionadas. A axuda por hectárea é de 500 euros, podendo recibir cada beneficiario ata 9.000 euros.
2.- Produción de horta: Esta liña ten como obxectivo favorecer a diversificación dos ingresos agrarios potenciando os cultivos de horta. Daranse axudas, dun máximo de 6.000 euros por beneficiario, para a instalación de novos invernadoiros; reparación e mellora dos xa existentes; e dotación de sistemas de rego e outros equipamentos. Para recibir subvención, os invernadoiros deben ter un mínimo de 300 metros cadrados de superficie, ben en propiedade, aluguer, cesión ou doazón. Poden solicitala produtores a título individual, SATs ou persoas xurídicas coa titularidade das explotacións.
3.- Viñedos: O obxectivo é aumentar a rendibilidade das viñas con axudas para labores de mantemento e protección das mesmas fronte a estragos de animais silvestres. Deste xeito, subvencionarase a reconstrución e traballos de conservación de muros de pedra; substitución de muros de sostemento de terra por outros de pedra; e peches perimetrais fixos. Igual que nas axudas á horticultura, a superficie mínima é de 300 metros cadrados, en réxime de propiedade, aluguer, cesión e doazón. As viñas obxecto de mellora deben contar cos correspondentes dereitos de produción e estar inscritas no Rexistro Vitícola de Galicia. A axuda máxima por beneficiario é de 6.000 euros e poden solicitalas produtores a título individual, SATs ou persoas xurídicas coa titularidade das explotacións.
4.- Pesca de baixura: Son axudas dun máximo de 3.000 euros por beneficiario destinadas á mellora das preto de 100 embarcacións dedicadas á pesca de baixura con base en calquera dos 8 portos da Mariña: Celeiro, Viveiro, O Vicedo, San Cibrao, Foz, Ribadeo e Rinlo. Teñen que estar inscritos no Rexistro de Buques Pesqueiro de Galicia, como embarcacións que empreguen artes menores para faenar en caladeiros nacionais. Daranse axudas para melloras de tipo tecnolóxico (equipamentos de radio, ecosondas…); para aumento da seguridade dos tripulantes; para aparellos, útiles e materiais complementarios destinados a mellorar a rendibilidade da embarcación; e para elementos de almacenaxe e transporte de a bordo que melloren a seguridade alimentaria e calidade dos produtos do mar. Para determinar a contía a percibir, teranse en conta criterios como o número de empregados que xere o propietario ou os anos do barco.
5.- Traídas de auga: Trátase dun servizo municipal básico moi custoso e que moitos concellos non teñen capacidade económica para garantilo. Por iso, a Deputación abre por segundo ano unha liña específica de subvencións, que serán dun máximo de 30.000 euros para instalar unha nova rede de abastecemento, e de ata 10.000 euros, no caso de proxectos de mellora das infraestruturas existentes. Poden solicitalas comunidades de usuarios, asociacións de veciños e entidades veciñais sen ánimo de lucro e comunidades de montes. Nos criterios de valoración terase en conta a porcentaxe de usuarios que se dediquen á actividade agropecuaria en relación ao número de habitantes do Concello co fin de garantir a proporcionalidade e que os veciños de concellos pequenos teñan as mesmas oportunidades de beneficiarse que os dos grandes.
6.- Centros sociais: Foi unha das cuestións máis demandadas polos veciños nos Orzamentos Participativos, polo que, para darlles cumprida resposta, a Deputación convoca unha liña de subvencións dun máximo de 12.000 euros para obras de mellora das edificacións (tellados, fachadas, instalación eléctrica e de fontanería, iluminación, albanelería…) e de ata 3.000 euros para equipamentos (equipos informáticos e audiovisuais…) Entre os criterios de valoración terase en conta a distancia do centro social á capitalidade do municipio co fin de facilitar servizos ás aldeas máis illadas do núcleo urbano.
7.- Arranxo e sinalización de vías e camiños públicos, e outros servizos de uso comunitario, como fontes, bebedoiros para o gando, depósitos contra incendios, sistemas de regadío e acondicionamento de espazos públicos para aparcadoiros ou celebración de eventos. Esta tamén foi unha das propostas xeneralizadas nos Orzamentos Participativos. Concederase un máximo de 12.000 euros por beneficiario. Tanto estas axudas, como as da liña anterior, destinadas a centros sociais, poden solicitalas asociacións de veciños, culturais e deportivas, entidades veciñais sen ánimo de lucro, comunidades de montes, agrupacións de gandeiros e agricultores e colectivos de usuarios.























O evento comezou cunha misa na igrexa parroquial de Santa María de Meira e a continuación, tivo lugar o tradicional xantar no Pavillón dos Deportes e o recoñecemento ao home e á muller de maior idade do municipio. Nesta xornada de convivencia, Fernández Méndez puxo en valor a contribución das persoas maiores á sociedade e enxalzou o seu papel activo no municipio, “é unha satisfacción compartir este día coas nosas persoas maiores, que tanto teñen achegado á sociedade e que merecen espazos de encontro e celebración como este”.
Será desde as 11 horas. Trátase dun reto por parellas no que enxeño, concentración e traballo en equipo serán claves para completar o puzzle no menor tempo posible. Agárdase a participación duns 40 equipos e haberá premios para os tres mellores tempos e un recoñecemento ao mellor tempo local. O Concello de Cervo anima a apoiar
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
A mostra permanecerá aberta ao público ata o 4 de novembro.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.



