Ribadeo, 26 de febreiro de 2015. Os veciños e as veciñas das parroquias de Covelas, Arante e Cedofeita poden consumir a auga da traída do abastecemento municipal con normalidade. Así o indican as analíticas efectuadas esta mañá na captación de Lexoso, a onde nas últimas horas chegaron diversos vertidos efectuados río arriba, segundo explicou este mediodía o alcalde, Fernando Suárez.
O rexedor sinalou que “a pasada tarde a empresa que leva o subministro de auga potable a Ribadeo comunicounos formalmente que no punto de captación de auga potable que temos no río Grande, á altura de Lexoso, os aportes que trae a auga río arriba e que xa en anteriores ocasión supuxeron advertencias, chamadas de atención e denuncias diante da Xunta, de Augas de Galicia e de Control de Vertidos polos posibles lisiviados que alguén río arriba no concello veciño está a realizar, no caso que nos ocupa na tarde de onte xa os límites excederon o que marcan os parámetros das normativas legais e vixentes neste momento”.
Suárez Barcia dixo que “a primeira hora da mañá indicamos a través dun bando, tal e como marca a norma, para as parroquias afectadas que teñen o servizo de auga potable municipal desde Lexoso: Covelas, Arante e Cedofeita, que non utilizaran a auga para consumo humano e alimentario. E hai unha hora, este mediodía, a propia concesionaria da auga, unha vez feitas as analíticas correspondentes, indica que os parámetros están en termos legais, adaptados á normativa e que pode proceder ao consumo de auga con normalidade”.
Por este motivo o alcalde de Ribadeo asinou un novo bando levantando a restrición anterior.
O rexedor indicou que “nestes últimos meses desde o Concello de Ribadeo escrupulosamente estamos notificando e comunicando o que a lei marca, tanto diante do organismo competente que é Augas de Galicia, diante de Control de Vertidos ou diante de calquera autoridade sanitaria con competencia na materia. O Concello de Ribadeo, a través da empresa concesionaria, é o encargado de clorar a auga e de que cumpra os parámetros normais que marcan as normativas, pero non é responsable da calidade de auga que ven polo río arriba. De aí que xa en decembro lle temos comunicado formalmente a Augas de Galicia que estamos moi preocupados por esta situación destes vertidos que periodicamente se están a producir, sobre todo cando chove, e pedíndolles resposta e que medidas se están a adoptar. Estamos moi preocupados pola alarma que se está a crear na poboación”.
Fernando Suárez engadiu que “na vila de Ribadeo e nas parroquias que se subministran do río Eo non hai ningún problema, pero nas do interior non hai maneira máis que subministrar desde Lexoso, non hai outra alternativa. Queremos colaboración absoluta coa Xunta de Galicia, pero entendemos que se deben tomar medidas inmediatas para o cese deses vertidos ao río Grande, porque a tres quilómetros, en Ribadeo, hai un punto de captación de auga para consumo humano”.
Ribadeo conta con dúas captacións de auga: unha no río Eo no concello de Trabada, en Vilarbetote, e outra aquí en Lexoso, no concello ribadense.
























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



