Mondoñedo, 26 de febreiro de 2015.- O Partido Popular de Mondoñedo anunciou este xoves que a empresa adxudicataria das obras na LU-124, enlace entre a localidade e a autovía, está a comezar as primeiras actuacións nesta estrada.
Os populares explican que ata o lugar se trouxeron as sinais indicadoras de obras e material e agárdase que a próxima semana dean inicio os traballos que permitirán reforzar o firme localizado na LU-124, o que garantirá unha circulación con mellores garantías de seguridade e, en especial, agora que capta novos vehículos procedentes da A-8.
Dende o PP local lembran que as actuacións, cun importe de adxudicación de preto de 650.000 euros, permitirán a rehabilitación do firme no tramo urbano, o ensanche e mellora da plataforma entre a localidade e Lindín e a adecuación da sinalización e balizamento nos 7,5 quilómetros ata o enlace coa A-8
Deste xeito, o Partido Popular de Mondoñedo quixo agradecer de novo o compromiso da Xunta de Galicia que está a darlle resposta a unha das principais demandas dos veciños e que o propio PP local solicitara en sesión plenaria.
A maiores do esforzo económico que a administración autonómica está a poñer de manifesto nun momento de recortes, os populares lembran que a Xunta de Galicia sempre manifestou o seu compromiso con Mondoñedo e coa LU-124, así, no ano 2012 o anterior conselleiro mantivo unha reunión cos veciños da parroquia do Carme para tratar a mellora desta vía. A maiores, foi un goberno popular, o de Manuel Fraga, o que redactou o primeiro proxecto de acondicionamento da estrada.



















O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.



