A alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, en nome da corporación municipal, agasallou cun ramo de flores e un doce a unha veciña da parroquia de Santa Cilla que cumpriu este venres 100 anos acompañada por varios membros da súa familia. Rosa Sánchez Rodríguez, da casa de Ramón de Cea, vive no barrio de Folgosa, pertencente á parroquia focense de Santa Cilla.
























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



